GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 67% dos Centros de Información á Muller de Galicia incorporan xa o servizo de atención multilingüe en 51 idiomas

(28/05/2012)

O 67% dos Centros de Información á Muller de Galicia incorporan xa o servizo de atención multilingüe en 51 idiomas

 
Sábado, 26.05.2012
  • O CIM de Lalín é o último en adherirse á plataforma de teletradución, ao abeiro do convenio asinado este xoves pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, Xosé Crespo.
  • Os Centros de Información á Muller que aínda non incorporaron o servizo, poden solicitalo na Secretaría Xeral da Igualdade.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo.

O 67% dos Centros de Información á Muller de Galicia incorporan xa o servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade. O CIM de Lalín (Pontevedra) é ata o de agora o último en incorporar esta tecnoloxía, en virtude do convenio asinado na mañá do xoves pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde, Xosé Crespo. No acto, celebrado nas instalacións do CIM da localidade, dúas usuarias de orixe checa e brasileira tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema. Deste xeito, 54 dos 80 CIMs que hai nas catro provincias de Galicia xa prestan esta atención multilingüe, á que aínda poden adherirse os restantes centros que ata o de agora non o fixeron.

A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos CIMs, ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero, sendo un total de 65 entidades as que incorporan xa este sistema en Galicia, no que os idiomas máis demandados ata o de agora son o ruso, o chino mandarín e o romanés.

O obxectivo do servizo, cuxo custo asume íntegramente a Secretaría da Igualdade, é dar resposta á diversidade poboacional derivada da inmigración e asegurar unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua.

Segundo datos do IGE correspondentes a 2010, en Galicia había 109.670 persoas estranxeiras, 54.447 mulleres e 55.223 homes.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero
Estas novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, estas mulleres teñen a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas