GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chineses e romaneses suman case o 30% dos autónomos estranxeiros

(25/05/2012)

Chineses e romaneses suman case o 30% dos autónomos estranxeiros

Venres, 25 de Maio de 2012 10:44

Inmigrantes autónomosO autoemprego seguiu sendo unha aposta interesante para certos colectivos de inmigrantes durante o primeiro trimestre. Os chineses achegaron case sete de cada dez novas altas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). En conxunto, os traballadores por conta propia chineses, cun 17,7%, e os romaneses, cun 11,2%, sumaron case un terzo do total de autónomos estranxeiros.

Segundo un informe da organización de autónomos ATA, entre xaneiro e marzo alcanzouse a cifra de 37.084 autónomos chineses, un 1,5% máis que en decembro, sendo o grupo de estranxeiros máis activo no autoemprego. Os romaneses alcanzaron a cifra de 23.380 traballadores por conta propia no mesmo período. A marroquí tamén experimentou un incrmento do 1,1% de afiliados no RETA.

O resto das nacionalidades maioritarias ou rexistraron moi poucos afiliados (como Alemaña e Italia) ou pecharon o trimestre con menos cotizantes, especialmente Arxentina, que perdeu 453 afiliados (-7,9%).

Os datos mostran que os estranxeiros residentes en España están a amortecer en parte a perda de autónomos españois. De feito, no conxunto do RETA perdéronse entre xaneiro e marzo un total de 20.871 afiliados, en contraste cos 792 autónomos estranxeiros que decidiron darse de alta neste período, un 0,4% máis.

Asturias (+1,3%), Baleares (+1,2%) e Cataluña (+1,1%), ademais das cidades autónomas de Ceuta (+5,2%) e Melilla (+2,2%), foron as comunidades que lideraron o crecemento relativo de autónomos estranxeiros durante o primeiro trimestre do ano. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas