GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes séntense máis integrados en España que no resto de Europa

(23/05/2012)

Os inmigrantes séntense máis integrados en España que no resto de Europa

A contratación ilegal é máis frecuente no sur do continente, mentres que no norte é máis habitual a discriminación

abc / madrid
Día 22/05/2012 - 

Os inmigrantes de España séntense máis integrados que os afincados no norte de Europa. Segundo unha enquisa realizada pola Fundación Rei Balduino e o Migration Policy Group, os estranxeiros residentes en Madrid e Barcelona (as dúas cidades españolas tomadas como referencia) gozan de máis facilidade para resolver determinados trámites burocráticos, como pedir a residencia, a reagrupación familiar ou a nacionalidade, ou para atopar traballo e aprender o idioma.

Pola contra, o informe percibe que a obtención da residencia non beneficia a estas persoas á hora de atopar traballo, e que, unha vez conseguido, as condicións laborais non permiten o desenvolvemento da súa formación. Doutra banda, a maioría dos enquisados no noso territorio séntense sobrecualificados para a ocupación que levan a cabo.

A enquisa revela tamén que, aínda que entre o 65 e o 70 por cento dos inmigrantes de Madrid e Barcelona teñen un traballo, estes vense minguados ao mesmo tempo polos contratos temporais ou os empregos «mergullados». Non entanto, a cifra de emprego (sexa legal ou ilegal) para este colectivo é máis alta no noso país que en Bélxica ou que en Francia.

Contratación ilegal
O estudo, realizado en 15 cidades de sete países europeos (Alemaña, Bélxica, Hungría, Francia, Italia, Portugal e España) demostra así mesmo que a contratación ilegal é máis frecuente no sur de Europa, mentres que a discriminación e a desconfianza respecto das titulacións doutros países é máis habitual no norte do continente.

En canto á nacionalidade, o informe reflexa que é máis sinxelo obtela en lugares cunha inmigración máis consolidada, como Hungría ou España, que, neste sentido, achegan maiores facilidades. Francia, cun mecanismo máis enrevesado, e Alemaña, que impón restricións á dobre nacionalidade, son países onde este proceso é máis complicado.

Resultados «sorprendentes»
A enquisa de Cidadáns Inmigrantes, realizada en colaboración do Centro de Estudos e Documentación Internacional de Barcelona (CIDOB) e do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), foi realizado a finais de 2011. Segundo o director de CIDOB, Jordi Vaquer, «os resultados son sorprendentes porque mostran que a visión dos inmigrantes é máis positiva do que cabería esperar». Mentres, para o director do Migration Policy Group, Jan Niessen, é importante «investir máis en programas de integración máis exhaustivos, no recoñecemento de títulos estranxeiros e en políticas dirixidas á participación política».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas