GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cáritas avoga polo dereito á saúde das persoas inmigrantes

(22/05/2012)

Cáritas avoga polo dereito á saúde das persoas inmigrantes

Martes, 22 de Maio de 2012

Cáritas Española ten adevertido que a exclusión do sistema sanitario dos inmigrantes en situación irregular "vai engadir un sufrimento moi severo a un colectivo especialmente vulnerable e moi presente na acción diaria de Cáritas, que non pode ser sacrificado co argumento da eficiencia".

A organización humanitaria recordou que a irregularidade sobrevida pola falta de emprego e a dificultade na renovación de autorizacións ou de acceso ao arraigamento fai que o colectivo de estranxeiros que residen irregularmente creza cada día.

Para a Comisión Permanente de Cáritas Española, a reforma sanitaria do Real Decreto-Lei 16/2012 supón un cambio de modelo que afecta fundamentalmente aos cidadáns máis desprotexidos, tanto españois como comunitarios, porque nela tamén se estableceron novos requisitos de residencia para inmigrantes da Unión Europea.

Os membros da Comisión mostran tamén unha especial preocupación ante a situación das mulleres migrantes en situación irregular que son vítimas de violencia de trata con fins de explotación sexual. Para Cáritas, a súa exclusión do sistema agrava e dificulta a prevención e a detección e protección das vítimas. Elas, ademais, non poderán achegar probas imprescindibles para que, no seu caso, un tribunal poida ou non dispoñer unha orde de afastamento do agresor ou unha medida de protección á vítima, poñendo en risco a súa seguridade e a das súas familias.

Tamén advertiu que se corre o risco da aplicación de criterios dispares por parte das Comunidade Autónomas, o que propiciaría a desigualdade en función do lugar de residencia, especialmente no caso das persoas que habitan no medio rural.

"Se se constataron prácticas abusivas dos servizos sanitarios, será necesario atallalas, pero sen negar o dereito á saúde a persoas que conviven e constrúen a nosa sociedade", sinala a Comisión nun comunicado. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas