GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

PP e PSOE non prevén cambiar o voto emigrante ata despois das eleccións galegas

(22/05/2012)

PP e PSOE non prevén cambiar o voto emigrante ata despois das eleccións galegas

O obxectivo é comprobar se o voto rogado segue provocando un aumento da abstención neste colectivo

O director do PP no Exterior, Alfredo Prada, e a secretaria de Emigración do PSOE, Carmela Silva, chegaron a esta conclusión na reunión mantida esta tarde no Congreso para buscar fórmulas que fomenten o sufraxio dos españois no estranxeiro.

Prada explicou que os comicios galegos, previstos en marzo de 2013 se se esgota a lexislatura, deben ser o «test final» para coñecer se a participación dos emigrantes aumenta ou segue a tendencia á baixa debido á obrigación de solicitar o voto para exercer o dereito de sufraxio.

O voto rogado, instaurado en xaneiro de 2011, fixo diminuír a unha media do 5 por cento a participación dos inscritos no Censo de Electores Residentes Ausentes (CERA), cando antes era de en torno ao 30 por cento.

Galicia é a comunidade autónoma española onde hai un maior número de inscritos no CERA, que se situou no 12,7 por cento nos comicios de 2009.

Segundo Prada, sería conveniente comprobar se unha vez que os electores «teñen un maior coñecemento do sistema de voto», a participación aumenta.

Ademais do enrevesado de ter que 'rogar' o voto, a comunidade emigrante quéixase do axustado dos prazos para recibir e enviar de volta as papeletas electorais, o que fai que moitos opten pola abstención.

O dirixente do PP afirmou que a pesar do malestar xerado no seu partido pola decisión do PSOE de presentar pola súa conta unha proposta para reformar a lei electoral en canto ao voto emigrante, acordouse proseguir o diálogo nas próximas semanas.

O dirixente do PP puxo de relevo o interese común en buscar medidas que incentiven a participación e en eliminar o voto rogado se se mantén a alta abstención.

Segundo Prada, é preciso «deixar ao carón os intereses de partido» para atender as demandas da colectividade española no exterior.

Sobre a iniciativa do PSOE rexistrada a principios de maio para modificar a lei electoral, Prada insistiu en que «non era o momento procesual oportuno».

No entanto, asegurou que cando se debata na Comisión Constitucional do Congreso, o PP fará as achegas que crea conveniente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas