GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Como debe actuar a Policía na identificación de inmigrantes?

(21/05/2012)

Como debe actuar a Policía na identificación de inmigrantes?
Luns, 21 de Maio de 2012

PolicíaA nova circular da Dirección Xeral de Policía sobre detención de inmigrantes en situación irregular pretende eliminar calquera ambigüidade nos procedementos de identificación de estranxeiros sen permiso de residencia. A idea é que se realicen "desde a garantía dos dereitos e liberdades". Aquí contámosche as normas que establece dita orde.

O texto afirma que na área de estranxeiría, o labor preventivo das Forzas de Seguridade do Estado destinarase principalmente a "erradicar as redes de inmigración ilegal e trata de persoas, así como á expulsión daqueles estranxeiros en situación irregular suxeitos a procedementos penais". Pero establece unha serie de normas que deben cumprir os efectivos nos controis de identidade de estranxeiros. Son os seguintes:

  ·Cotas e controis masivos. Se prohibe expresamente "o establecemento de cotas de identificación ou detención de estranxeiros a calquera unidade do Corpo Nacional de Policía, evitándose igualmente actuacións masivas ou indiscriminadas baseadas unicamente en criterios étnicos".
  ·Responsabilidade. Faise fincapé na responsabilidade da Dirección Adxunta Operativa tanto na elaboración dos plans de seguridade cidadá nos que se realicen identificacións de persoas na vía pública ou en establecementos públicos, como do seguimento da súa execución.
  ·Pautas para realizar unha identificación. Aplicarase a "persoas que infundan sospeitas". Tamén se deixa claro que o procedemento débese realizar "de forma proporcionada, respectuosa, cortés e do modo que menos incidencia xere na esfera do individuo".
  ·O que non se debe facer nunha identificación. Evitaranse todas aquelas identificacións "innecesarias, arbitrarias, abusivas e que supoñan unha extralimitación das facultades que otorga ao efecto o ordenamento xurídico ás forzas e corpos de seguridade".
  ·Retención en comisaría para a identificación. O texto indica que "só poderá trasladarse ás dependencias policiais a efectos de identificación -retención para identificación- cando se trate de persoas non identificadas, cuxa identificación non sexa posible, e das que razoable e fundadamente poida presumirse que se atopen en disposición actual de cometer un ilícito penal, ou a aquelas, igualmente non identificables, que incorran nunha infracción administrativa.
  ·Cando non se debe trasladar á comisaría a un inmigrante irregular. A circular indica especificamente que non se poderá trasladar ás comisarías aos cidadáns estranxeiros "polo mero feito de que na dilixencia de identificación se constate a súa estancia irregular en España". Iso si, sempre que se comprobou a súa identidade mediante documento oficial ou que se considere válido e suficiente ao efecto e conte cun domicilio que se poida comprobar durante o procedemento de identificación. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas