GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Policía Nacional prohibe as cotas de detención de inmigrantes

(21/05/2012)

A Policía Nacional prohibe as cotas de detención de inmigrantes

MADRID, 20 May. (EUROPA PRESS) -

A Dirección Xeral da Policía aprobou unha circular, que se fará pública este luns, pola que se prohiben as cotas de detención de inmigrantes e as redadas "indiscriminadas". Este documento pretende eliminar calquera ambigüidade no mantemento da seguridade cidadá e a garantía dos dereitos e liberdades.

O director da Policía, Ignacio Cosidó, decidiu oficializar nesta circular as instrucións que o comisario xeral de Estranxeiría e Fronteiras xa transmitiu en relación coa prohibición de establecer cotas de identificación de estranxeiros e as actuacións masivas ou indiscriminadas baseadas en criterios étnicos. O obxectivo é difundir estas instrucións de forma máis clara e directa para evitar calquera interpretación imprecisa, explicou o Ministerio do Interior nun comunicado.

Ademais, o documento especifica que as identificacións de persoas que infundan sospeitas realizaranse "de forma proporcionada, respectuosa e do modo que menos incidencia xere na esfera do individuo". Estas instrucións reiteran a prohibición de actuacións "innecesarias, arbitrarias, abusivas ou que supoñan unha extralimitación das facultades que o ordenamento xurídico" outorga ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Do mesmo xeito, resalta a improcedencia de trasladar a dependencias policiais aos cidadáns estranxeiros que, tras a súa identificación, se constate a súa estancia irregular en España, sempre que se comprobou a súa identidade e xustifique un domicilio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas