GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A viúva dos vivos di de novo «Adeus»

(18/05/2012)

A viúva de vivos di de novo «Adeus»

Atopada finalmente na antiga escola obradoiro do porto, a peza foi restaurada, e onte volveu lustrosa ao seu lugar orixinal para seguir sacando o pano e dicir Adeus, que ese é o nome da obra. Foi un proceso a marchas forzadas, porque os operarios aínda andaban o mércores sacando brillo da estatua, a escasas horas do momento da reinauguración.

Foi un acto sinxelo pero ao que asistiron a maioría dos concelleiros do grupo de goberno e tamén da oposición socialista, porque como recordou o alcalde, Tomás Fole, «toda a corporación cría que era necesario».

 

Homenaxe a Rosalía

Por suposto estivo o autor, que agradeceu ese esforzo por recuperar do esquecemento unha figura que, como outras pezas de Lombera, era xa un símbolo do porto de Vilagarcía.

Unha grúa do Concello trasladou a estatua ao parque e achantouna, coa axuda dos operarios municipais, no pequeno peirao. Logo das pertinentes fotos e apertas pola recuperación da peza, César Lombera explicou a intención da obra, que viña sendo, por unha banda, un recordo ao vello peirao de ferro, e por outra, á emigración. De paso, tamén a Rosalía de Castro e á súa obra, coincidindo co día das Letras Galegas.

O Adeus trátase dunha peza fundida en bronce que, como explicou a seu autor, leva unha pátina brillante nalgunhas partes, mentres que outras foron tratadas a base de ácidos para escurecelas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas