GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Novos requisitos de residencia para inmigrantes comunitarios

(16/05/2012)

Novos requisitos de residencia para inmigrantes comunitarios

Mércores, 16 de Maio de 2012

Ciudadanos comunitariosO Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións trae máis novidades para as persoas estranxeiras que viven en España. Non só contempla a restrición no acceso ao cartón sanitario dos inmigrantes irregulares, senón que tamén modifica os requisitos de residencia para os cidadáns comunitarios.

E é que dita norma modifica tamén o artigo 7 do RD 240/2007, que regula o réxime de residencia dos cidadáns da UE ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que permanezan en España por un período superior aos tres meses. A falta de que as autoridades establezan procedementos máis concretos, podes ler estes novos requisitos aquí:

a) Os cidadáns europeos poderán residir en España por un período de máis de tres meses se están traballando por conta allea ou por conta propia (autónomos) en España. Tamén manterán a condición de traballador por conta allea ou propia as persoas que:

1. Sufran unha incapacidade temporal resultante dunha enfermidade ou accidente.

2. Queden en paro involuntario (deben acreditalo) tras traballar durante máis dun ano e que estean inscritos no servizo de emprego para atopar un novo traballo.

3. Queden en paro involuntario (deben acreditalo) sen cumprir o período dun ano. Terndrán condición de traballador por polo menos seis meses, sempre que se inscribiu nos servizos de emprego para atopar un novo traballo.

4. Cursen estudos de formación profesional que garden relación co emprego previo.

b) Tamén poderán residir en España por máis de tres meses aqueles cidadáns comunitarios que estean estudando. Para iso, deben estar matriculados nun centro público ou privado para cursar estudos. ¡Atención! Neste caso, deberá contar cun seguro de enfermidade que cubra todos os riscos en España.

c) Poderán así mesmo residir en España os cidadáns da UE que dispoñan "para si e os membros da súa familia de recursos suficientes para non converterse nunha carga para a asistencia social en España durante o seu período de residencia". Neste caso, deberá contar cun seguro de enfermidade que cubra todos os riscos en España.

¡Atención! En canto aos medios económicos suficientes, a norma indica que "non poderá establecerse un importe fixo, senón que haberá de terse en conta a situación persoal" dos cidadáns comunitarios. Pero si se aclara que dito importe non superará o nivel de recursos que se esixe aos cidadáns españois para acceder á asistencia social ou o importe da pensión mínima da Seguridade Social.

d) Ser parte da familia que acompaña a un cidadán da UE ou do Espazo Económico Europeo, sempre que este cumpra cos requisitos que aparecen nos puntos anteriores. ¡Atención! Só o cónxuxe ou fillos teñen dereito á residencia en España, sempre que o seu familiar cumpra os requisitos anteriores.

Non esquezas que... Os cidadáns da UE ou do Espazo Económico Europeo están obrigados a inscribirse persoalmente no Rexistro Central de Estranxeiros, acudindo á oficina de estranxeiros da provincia onde residan ou á Comisaría de Policía correspondente. A devandita solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses como máximo desde a data de entrada en España. Xunto á solicitude, debes achegar o pasaporte ou documento de identidade válido e en vigor, xunto coa documentación que acredite que cumpres os requisitos para residir en España. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas