GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Investigadores do proxecto "Galicia Mundi" recollen datos sobre a situación das entidades galegas en Bélxica e Suíza

(16/05/2012)

Investigadores do proxecto "Galicia Mundi" recollen datos sobre a situación das entidades galegas en Bélxica e Suíza

No que queda de ano desprazaranse a Brasil, Venezuela, Reino Unido e Alemaña

E.E. 15 de maio de 2012,

O grupo de investigación responsable do proxecto "Galicia Mundi: actualidade e prospectiva do asociacionismo galego non exterior. Os retos en materia educativa, social e cultural", que dirixe Vicente Pena Saavedra, pedagogo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, continúa as súas actividades de traballo de campo "in situ", nesta ocasión en diversos países de centroeuropa.

Entre o 4 e o 14 de maio, dúas investigadoras compoñentes do equipo, María Esther Olveira e Silvana Longueira estiveron en Bruxelas e Zúric. Nas dúas cidades realizaron unha serie de cuestionarios á mocidade galega ou descendente de galegos, ás persoas adultas de primeira e segunda xeración, e a directivos das asociacións galegas radicadas en cada cidade.

Tamén procederon a efectuar distintas entrevistas a dirixentes societarios e membros relevantes da comunidade, orixinarios de Galicia, así como a promover foros coa mocidade e sondaxes integrais co propósito de coñecer coa maior exhaustividade posible a situación na que se atopan na actualidade as agrupacións galegas en cada unha das localidades e dos países de referencia, e cales son as súas expectativas. Máis adiante, na segunda quincena de maio e no mes de xuño, outros membros do equipo investigador desprazaranse a varios enclaves do interior da Península, onde a presenza galega conta cun notable arraigamento e unha traxectoria moi dilatada.

No que queda de ano os investigadores de "Galicia Mundi" desprazaranse a Brasil, Venezuela, Reino Unido e Alemaña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas