GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Benestar outorgou en Lalín 22 axudas de emerxencia social entre xaneiro e abril

(14/05/2012)

Benestar outorgou en Lalín 22 axudas de emerxencia social entre xaneiro e abril

 
Sábado, 12.05.2012
  • O presuposto municipal do 2012 para atender casos de primeira necesidade ascende a 15.000 euros.

Casa consistorial de Lalín.

O Concello de Lalín outorgou durante o primeiro cuadrimestre do ano un total de 22 axudas de emerxencia social, tramitadas a través do departamento municipal de Benestar e Emigración. Desa cifra, o 60% correspondeu a persoas de nacionalidade española, mentres o 40% restante eran naturais doutros países.

O presuposto municipal do 2012 para atender casos de primeira necesidade ascende a 15.000 euros, dos que 10.000 se reparten entre persoas de nacionalidade española e 5.000 entre as estranxeiras. Unha contía inicial á que se sumaron outros 2.585 euros, a recadación obtida do Cocido Solidario organizado polas penas Barça Lalín e Madridista do Deza, que doaron o ingresado pola venda dos convites para asistir ao ágape.

As 22 axudas outorgadas polo goberno local lalinense entre xaneiro e abril, ambos os dous meses incluídos, destináronse a cubrir necesidades de gastos farmacéuticos e de primeira necesidade, así como para aboar subministración de enerxía eléctrica e auga, ademais de axudar ao pagamento de alugueres ou adquisición de próteses audiovisuais para menores.

Este tipo de subvencións son de pagamento único e están dirixidas a paliar situacións de emerxencia que orixinan gastos imprevistos, que deben ser de carácter básico e urxente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas