GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Víctor Castiñeira repasou en Cee a historia da emigración na zona

(08/05/2012)

Víctor Castiñeira repasou en Cee a historia da emigración na zona

 

Castiñeira, na charla. m. r.

O Concello de Cee dedicou o pasado fin de semana unha xornada á emigración, nun acto composto por dous partes, por unha banda proxectouse o curto Casas de fume, protagonizado polo actor ceense Juanma Buiturón, e por outro se analizou o fenómeno migratorio na comarca de Fisterra a través dunha charla do historiador e técnico de Cultura municipal Víctor Castiñeira.

Ademais da proxección da curtametraxe, rodado en Almería, onde obtivo un premio no festival Posivideo deste ano, o propio actor explicou os detalles do traballo con outro vídeo sobre o making off, no que resaltou o feito de que detrás dunha obra de oito minutos existe un complexo labor na que participan decenas de técnicos e profesionais.

O curto narra o retorno dun emigrante galego desde Arxentina e a charla de Castiñeira, autor dun libro sobre a emigración, tratou precisamente da saída de galegos nos dous primeiros terzos do século XX cara ao continente americano.

O historiador calcula que en catro de cada cinco casas da Costa da Morte coñecen en primeira persoa o feito migratorio pola saída dalgún familiar nalgún momento do século pasado.

Só entre 1900 e a década dos 60 saíron uns 5.000 veciños de Cee, Corcubión e Fisterra cara a América en busca de traballo. A principios do século pasado eses tres municipios sumaban unha poboación total de 12.000 habitantes.

De todo ese éxodo, un 80 % dirixiuse cara a Arxentina, entre outras causas para escoller ese destino, destacou Castiñeira, destaca a presenza dun vicecónsul dese país en Corcubión na época, Manuel Miñones, quen ademais de ocupar ese posto, foi tamén cónsul de Alemaña, banqueiro, consignatario e alcalde de Muxía.

Él mesmo prestaba, hipotecando propiedades, as cantidades necesarias para que quen quixese puidese cruzar o océano, axudando ademais aos mozos a esquivar o servizo militar, entón longo e obrigatorio.

Castiñeira relatou tamén que moitos veciños da comarca que marcharon a principios do século XX dirixíronse á Patagonia xusto despois de que alí se descubrise petróleo. En 1907 o Estado arxentino fundou a empresa YPF, cuxo nomee soa ultimamente pola súa expropiación a Repsol. Nesa compañía estatal traballaron moitos veciños da Costa da Morte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas