GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vente a Alemaña, Baixo Miño

(04/05/2012)

Vente a Alemaña, Baixo Miño

A comarca recibiu en mes e medio 400 currículos de persoas interesadas en subirse ao imparable tren do mercado laboral xermano

O Rosal abría a porta en marzo. A principios dese mes e, como municipio colaborador no convenio subscrito entre Padrón e un distrito de Baviera, seleccionaba mozos de entre 20 e 35 anos. Dous días despois, Tui e a oficina de emprego da comarca de Gütersloh establecían liña directa diversificando moito os perfís.

Onte sumaban entre os dous municipios máis de 350 currículos en man. Na axencia de emprego rosaleira xa se contabilizaron as duascentas solicitudes hai días e esta semana saíron desde a axencia de desenvolvemento local de Tui, os primeiros 150 currículos para Versmold, segundo confirmou o rexedor local, Moisés Rodríguez Pérez.

Pero tamén hai quen xa están en destino. Dous mozos da Guarda aterraron a semana pasada en Vechta, unha cidade do Estado Federal de Baixa Sajonia e a súa chegada non pasou desapercibida. O xornal Oldenburgische Volkzeitung fíxose eco da aterraxe de Jorge Alonso e Manuel Pérez. Foron imaxe de portada, á beira do mentor mellor cualificado que lles podería acompañar, Germán Moa. No titular do texto que acompaña a páxina: «Olé, os españois están aquí». No seu interior falan de Germán Moa, porque este vigués de nacemento, emigrou alá con catro anos e non regresou a Galicia ata tres décadas despois. Desde A Guarda, onde vive na actualidade, favorece as ligazóns cun empresario alemán, «un amigo desde a infancia», que se dedica a buscar persoal cualificado para cubrir vacantes en Alemaña. Os primeiros en embarcarse foron Jorge e Manuel, quen segundo explica Germán Moa, «xa están a traballar nunha empresa metalúrxica». Tanto eles como os próximos seleccionados, engade, voarán con contrato de traballo por seis meses e viaxe paga. Esgotado ese tempo, o vínculo laboral cinguirase ao que establezan empresario e traballador. Non é necesario saber falar alemán, «porque alí se lle facilita tamén a aprendizaxe, do mesmo xeito que a procura dun lugar para aloxarse e que deberá sufragarse iso si o usuario».

Con urxencia buscan un médico especialista en saúde laboral e, por outra banda, dez soldadores con titulación en soldadura MAG. Estes últimos son para un contrato inicial de tres meses, de xullo e setembro aínda que, para eles está cuberta, ademais da viaxe, a estancia completa. Entre os perfís máis demandados están os de eléctricos industriais e técnicos de mantemento industriais. Os interesados teñen que ter titulación.

«Os españois teñen boa imaxe»

O alcalde tudense, Moisés Rodríguez, confirmaba onte que o máis sorprendente xa non foi a receptividade da iniciativa senón o seu potencial xa que se presentaron perfís e procedencias variadas cun amplo abano de idades. «O veciño de Pairamos, que é ademais o presidente do equipo de fútbol de Vermosld e ligazón coa cidade alemá, levou persoalmente xa 150 currículos». «Non hai un perfil concreto, a demanda é amplísima e non só a nivel profesional», avanzou. O rexedor indicou que «recibimos currículos non só da comarca do Baixo Miño senón de cidades como Santiago ou Vigo». Tamén hai candidatos que aínda non puideron estrearse no mercado laboral español e outros aos que xa se lle acabaron as prestacións por desemprego. En Tui recibiron tamén solicitudes de persoas dispostas a emigrar en familia dada a súa situación.

O alcalde tudense confía en que a oficina de emprego de Gütersolh responda coa mesma celeridade que mostrou a axencia de desenvolvemento local e que, antes dun mes, poidan saber que porcentaxe de potenciais beneficiarios poidan facer maletas.

Gran parte da oferta refírese ao sector servizos, ao que poden aspirar camareiros, cociñeiros, panadeiros ou carniceiros. Na rama sanitaria búscanse médicos, asistentes , fisioterapeutas ou ópticos. Tamén hai demanda de condutores profesionais e temporeros para os labores agrícolas. A electrónica copa seis categorías distintas, desde técnicos de servizo a mestres eléctricos.

A oferta no Rosal céntrase en persoas con idades comprendidas entre os 20 e os 35 anos. Os perfís preferentes son os de electricistas, panadeiros ou dependentes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas