GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consello de Europa di que os recortes levan aos inmigrantes á pobreza

(04/05/2012)

O Consello de Europa di que os recortes levan aos inmigrantes á pobreza

03-05-2012 / EFE

O Consello de Europa expresou hoxe a súa preocupación porque "o menor número de oportunidades económicas e o recorte de programas sociais" nos seus países membros provocan que os inmigrantes "se vexan empuxados á pobreza".

O informe anual da súa Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (Ecri, polas súas siglas en inglés), difundido hoxe, engade que esa situación "alimenta os sentimentos negativos que reforzan as divisións sociais".

A Ecri, que analiza a situación do racismo, a xenofobia, o antisemitismo e a intolerancia nos 47 Estados do Consello, sinala que os inmigrantes e algunhas minorías históricas "son consideradas pola sociedade como unha carga".

Así, constata por exemplo que se agravou a situación da poboación xitana en Europa, "exposta a unha discriminación xeneralizada, á intolerancia e á estigmatización".

O seu texto destaca que o modelo de multiculturalismo "está cuestionado" e que a discriminación no emprego é "omnipresente", xa que segundo as súas conclusións o racismo e a intolerancia "están á alza na Europa de hoxe".

As críticas tamén se dirixen aos recortes que afectan, "a miúdo de xeito desproporcionado", ás institucións de defensa dos dereitos humanos, para as que se pide evitar sometelas a axustes orzamentarios "implacables" que limitan a súa independencia.

O informe alerta igualmente da crecente aparición de partidos políticos que comparten a mensaxe de que "inmigración rima con inseguridade", de que os inmigrantes irregulares, demandantes de asilo e refuxiados "rouban os empregos", ou de que os musulmáns "son incapaces de integrarse na sociedade".

Para a Ecri, "as chamadas ao odio nacional, racial ou relixioso que constitúen unha incitación á discriminación, á hostilidade ou á violencia seguen sendo un grave problema en Europa".

Consciente de que non é sinxelo loitar contra estes fenómenos en Internet sen atentar contra a liberdade de expresión, o informe anima aos Gobernos a abordar o problema.

A Ecri, creada en 1994 e integrada por expertos independentes e imparciais, afirma que a diversidade en Europa está ligada á historia e que "unha sociedade máis xusta beneficia a todos", polo que fixo fincapé na necesidade de "proxectar unha imaxe positiva dunha sociedade diversa".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas