GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A xuízo por promover a inmigración clandestina

(04/05/2012)

A xuízo por promover a inmigración clandestina

O fiscal reclama seis anos de prisión para dous acusados de enganar a mozos de Bangladés con traballos inexistentes

 

Dous acusados sentarán a próxima semana no banco dos acusados da Audiencia provincial de Ourense para responder por un delito de promoción da inmigración clandestina que lles imputa o ministerio fiscal e polo que reclama seis anos de cárcere para cada un.

A pesar de que os feitos que provocaron este xuízo tiveron lugar presuntamente ao longo do ano 2006, o proceso xudicial viuse sometido a diversas dilacións provocadas, nalgún caso, pola imposibilidade de localizar aos implicados.

De acordo co relato dos feitos do fiscal, sospéitase que os imputados orquestraron unha trama que conseguiu traer a España, previo pagamento, a inmigrantes de Bangladés aos que enganarían coa promesa dun traballo e unha vida mellor.

Foi unha complexa operación dirixida por axentes da brigada central contra delitos de inmigración da Policía Nacional a que permitiu dar cos responsables. Os imputados, un de orixe ourensá, e outro natural de Bangladés -habería un terceiro de orixe portuguesa que non puido ser localizado e que faría as veces de intermediario- porían en marcha unha organización que conseguiu enganar a polo menos unha decena de inmigrantes, aos que cobraban diferentes cantidades de diñeiro a cambio de ofrecerlles contratos de traballo nunha empresa, un restaurante de comida turca que nunca chegou a estar operativo en Ourense, ou visados de estudantes.

 

En situación ilegal

A pesar dos seus métodos fraudulentos, a organización conseguiría introducir no país a as vítimas, algunhas das cales denunciaron a situación ao descubrir que foran enganadas. Os investigadores sospeitan que, cos seus métodos, puideron enganar a moitos prexudicados que nunca quixeron, talvez por medo, denunciar a súa situación. Sospéitase, ademais, que a maior parte das vítimas da estafa, seguen en España en situación ilegal.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas