GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba asiste á Festa Campestre do Centro Galego de México, multitudinario punto de encontro da colonia galega

(02/05/2012)

Santiago Camba asiste á Festa Campestre do Centro Galego de México, multitudinario punto de encontro da colonia galega

 
Martes, 01.05.2012
  • O secretario xeral da Emigración inaugura asemade a mostra “Galicia: Cen lugares para volver a mirada”.

Imaxe da sede de Colima do Centro Gallego de México. Foto: C. G. de México.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participa este mediodía (hora local, noitiña en Galicia) na Festa Campestre do Primeiro de Maio que organiza anualmente o Centro Galego de México, nas súas instalacións no distrito de Iztapalapa, cita que o ano pasado acadou o seu centenario. No evento, un dos máis populares da diáspora galega, a organización conta coa presenza dunhas 5.000 persoas integrantes do colectivo da emigración na capital dos Estados Unidos de México.

Camba cursou visita ás instalacións do Centro e tivo ocasión de departir co seu presidente, Luís Piñeiro, quen informou ao secretario xeral da Emigración de algúns dos asuntos que interesan e preocupan aos galegos e ás galegas en México. Tamén tivo oportunidade de departir con el no decurso da inauguración da mostra Galicia: Cen lugares para volver a mirada que permanece exposta na capital azteca.

A mostra reflicte, mediante unha coidada escolma fotográfica, un centenar de paisaxes que converten Galicia nun enclave único, que simbolizan a idiosincrasia única da Comunidade, e que supoñen unha invitación gráfica moi potente a coñecer esta terra. Asemade, sen dúbida servirán de viva evocación para a numerosa colonia galega –fundamentalmente ourensá- residente no Distrito Federal.

Un referente da diáspora
O Centro Galego de México nace en 1911 tras unha xuntanza para organizar o Orfeón Gallego de México, brote do que será a actual organización. Xa nos seus primeiros pasos conta con centos de persoas asociadas, estando arestora a piques de acadar as 10.000, unha cifra que o converte nun dos centros referenciais da diáspora galega

O Centro realiza exposicións de pinturas, conferencias, clases de gaita, de baile, de cociña e traxes galegos, e idioma. E no terreo deportivo, imparte clases de diversas disciplinas. O seu domicilio social está nas rúas Colima No. 194, Colonia Roma, na Cidade de México, Distrito Federal. Trátase dunha antiga mansión de tipo francés de principios do século XX, que conta con oficinas administrativas, sala-cafetería, biblioteca, salón de trofeos deportivos, billares, restaurante, patio, salón de dominó, salón de eventos con anexo (para ata 1.200 persoas), sala de xuntas, outra de visitantes, cociña, baños e bodegas. Cabe salientar, desde o punto de vista arquitectónico, a fermosura da escalinata con columnas que dá acceso ao andar principal.

O Centro conta asemade cunha delegación no distrito de Iztapalapa, tamén na Cidade de México D.F., onde hoxe ten lugar a Festa Campestre, coincidindo con este Día Internacional do Traballo, primeiro de maio, e onde permanece exposta a mostra inaugurada por Camba.

Esta delegación ten aproximadamente 100.000 metros cadrados, con estacionamento para 800 vehículos, oficinas administrativas, salón de eventos para 2.000 persoas, damas, vestidores con baños e servizo de vapor,  catro canchas de tenis, dúas de voleibol, dous campos de fútbol semi profesionais, un campo de fútbol para nenos e un "campiño" para adestramento, ximnasio, salón de eventos múltiples, grandes extensións de xardinería arborada, tres instalacións tradicionais para comidas familiares, outra máis de dous pisos acristalada para lectura, descansos e TV, asadores de carne, área de xogos infantís, salón-restaurante para 300 persoas, salón de futbolín e tenis de mesa, baños, bodegas, área de mantemento.

Nos Estados Unidos
Antes da súa estadía en México, Camba asinou a pasada fin de semana tres convenios de colaboración con cadansúa entidade da diáspora nos Estados Unidos para facilitar o acceso á tarxeta sanitaria Galicia Saúde Exterior, convertendo así ao xigante norteamericano no sexto país onde as galegas e os galegos emigrados poden tramitar, antes de saíren, este elemento de relación coa Administración galega.

A tarxeta non supón ningunha variación nos seus dereitos, aínda que facilita a burocracia e trámites a realizar polas persoas beneficiarias. Cómpre lembrar que este documento unicamente pódese empregar durante as estadías temporais en Galicia que realice o galego ou a galega residente habitual no estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas