GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os médicos de familia advirten dos riscos de deixar aos inmigrantes sen atención primaria

(27/04/2012)

Os médicos de familia advirten dos riscos de deixar aos inmigrantes sen atención primaria

Venres, 27 de Abril de 2012

Consulta médicaLimitar a atención sanitaria da poboación inmigrante en situación irregular  pode xerar maiores gastos e dificultar o control de enfermidades transmisibles, como a tuberculose. Así o manifestou a Sociedade Española de Mediciña de Familia e Comunitaria (semFYC), que rexeitou esta decisión do Goberno.

A organización, que representa a uns 20.000 profesionais de Atención Primaria, insistiu na necesidade de distinguir aos "turistas sanitarios" dos inmigrantes con rendas baixas, que requiren unha asistencia sanitaria pública.

Segundo a asociación, os principais prexudicados van ser quen desenvolvan algún tipo de enfermidade que precise un seguimento crónico ou quen poidan beneficiarse de diagnósticos precoces das súas patoloxías ou de actividades preventivas como vacinas. Ademais, o desenvolvemento destas enfermidades acabarán prexudicando innecesariamente a estes pacientes e ocasionando probablemente un maior gasto debido ás complicacións, que finalmente poderían derivar en ingresos hospitalarios que son moito máis caros que a prevención.

Así mesmo, os médicos de familia aseguran que o aforro potencial será moi baixo, xa que os principais gastos son hospitalarios, os cales poden verse incrementados como dixemos previamente.

Xunto con dificultarse o control de distintas patoloxías transmisibles, como a tuberculose ou outras infeccións, o cal podería prexudicar a toda a sociedade, esta limitación na atención sanitaria exporá importantes problemas éticos nos profesionais sanitarios que non poderán atender adecuadamente a estes pacientes, moitos dos cales, ademais, pertencen a colectivos socialmente desfavorecidos.

Os médicos de familia insisten en que o sistema de sanidade español é dos máis eficientes dos países desenvolvidos e o seu principal problema é a falta de financiamento, especialmente da Atención Primaria. Algúns problemas están relacionados co gasto hospitalario desproporcionado, o uso de fármacos con baixo valor terapéutico, o emprego de tecnoloxía de última xeración moi custosa e en ocasións non necesaria, o exceso de medicalización, a ausencia de economías de escala na adquisición de material sanitario, etc.

Por iso, a semFYC considera que resulta máis eficiente reorientar o esforzo cara a estas actuacións que se poden traducir en importantes melloras económicas, antes que privar da asistencia a un colectivo da poboación cun alto risco de exclusión social. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas