GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aberto o prazo de inscrición para os campos de traballo da Xunta que inclúen a descendentes de emigrantes

(27/04/2012)

Aberto o prazo de inscrición para os campos de traballo da Xunta que inclúen a descendentes de emigrantes

Esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar está dirixida a mozos de entre 18 e 30 anos

E.E. 26 de abril de 2012


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, abriu o prazo de inscrición para anotarse aos campos de traballo que este ano se celebrarán entre os meses de xullo e agosto e que inclúen a mozos procedentes da emigración galega.



A Xunta ofertará un total de 260 prazas (57 para galegos; 87 para mozos doutras comunidades; e 116 para voluntarios doutros países, incluíndo 20 procedentes da emigración galega) en 7 campos distribuídos en 11 quendas. Ademais, os mozos galegos poderán tamén optar a 81 prazas nos 41 campos do resto de España e a 88 prazas nos 63 campos do estranxeiro de 25 países (Alemaña, Armenia, Austria, Bélxica, Corea do Sur, Estados Unidos; Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Kenia, Marrocos, México, Polonia, Reino Unido, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Togo, Turquía, Ucraína, Vietnam e Xapón). Así, ademais de ofertar 260 prazas, a Dirección Xeral de Xuventude xestionará 169 prazas máis, o que supón un total de 429 prazas.
Entre a oferta deste ano, que está dirixida a mozos de entre 18 e 30 anos, destacan iniciativas culturais e etnográficas; ambientais; de construción e restauración; de dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo; sociais; e arqueolóxicas.
As localidades galegas elixidas este ano para celebrar os 7 campos de traballo son Boqueixón, Rois, Melide e A Coruña (na provincia coruñesa); Ourense e Celanova (na provincia ourensá); e en Vigo (Pontevedra).
Con respecto ás prazas do estranxeiro, Galicia é a terceira Comunidade cunha oferta máis ampla neste campo. Segundo destacou o Injuve, Galicia oferta 88 prazas, só superada por País Vasco (103) e Andalucía (102).
Inscricións
Os interesados en participar nos campos de traballo de Galicia poderán solicitar a súa praza ata tres días antes do inicio da actividade, a condición de que existan vacantes; para acudir a outras comunidades autónomas poderán pedirse ata o 16 de maio, mentres existen prazas libres; e, para rematar, para os campos de traballo no estranxeiro a inscrición finalizará o 11 de maio.
As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou a través dos teléfonos 981 544 838; 981 957 115; e 981 544 840. Tamén se poderá solicitar unha praza nos servizos de mocidade e voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
Os campos de traballo son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países. A cambio do seu labor, os mozos reciben unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, da práctica de deportes e da visita a lugares de interese, tanto turísticos como históricos ou culturais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas