GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Sociedade Ferrol e a súa Comarca de Cuba desenvolve o programa "Ramas e Raíces" dirixido á mocidade

(25/04/2012)

A Sociedade Ferrol e a súa Comarca de Cuba desenvolve o programa "Ramas e Raíces" dirixido á mocidade

Máis de trinta mozos organizaron a excursión "En busca de pegadas galegas"

E.E. 24 de abril de 2012

A Sociedade Ferrol e a súa Comarca da Habana está desenvolvendo unha serie de actividades que teñen como obxectivo o fortalecemento da entidade


Un momento da excursión

Unha delas é o "Proxecto Ramas e Raíces" cuxo obxectivo e estimular a confraternidade entre os asociados máis novos, investigar sobre os asentamentos de galegos e/ou españois dos lugares que visitan, así como valorar a súa influencia no desenvolvemento socioeconómico da comunidade, os seus costumes, identidade, e outros temas de interese.

Dentro deste marco, co auspicio da Xunta Directiva desta sociedade galega, partiron o pasado 8 de abril desde os portais do antigo Palacio do Centro Galego da Habana un grupo de 33 mozos asociados na súa primeira excursión do ano, a que denominaron "En busca de pegadas galegas".

Visitas

Nesta ocasión os mozos viaxeiros dirixíronse ata a zona máis occidental do país, visitando algunhas comunidades na Provincia de Pinar del Rio. En concreto a visita foi á localidade de Soroa, sede dun importante centro turístico e dun gran orquidiario, fundado por un emigrante canario, onde puideron compartir as súas experiencias cos visitantes foráneos, e membros da comunidade, os cales mostraron o seu interese polo tema das sociedades galegas en Cuba e puideron coñecer de primeira man a historia da "Sociedade Ferrol e a súa Comarca", ademais de compartir cancións no medio dunha privilexiada contorna natural. As raparigas e raparigos de "Ferrol e a súa Comarca" que participaron nesta excursión deixaron un bonito recordo do seu paso polo "Miradoiro de Soroa", así como múltiples invitacións para repetir a visita.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas