GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A economía alemá necesita 200.000 inmigrantes ao ano

(24/04/2012)

A economía alemá necesita 200.000 inmigrantes ao ano

O aumento de man de obra estranxeira é necesario para compensar o declive demográfico e manter o crecemento da produción económica

Este achegue regular de man de obra estranxeira debería asociarse a reformas destinadas a prolongar a duración da vida activa e facilitar o labor profesional ás persoas con fillos a cargo, agrega o Bundesbank.

Alemaña previu atrasar a idade de xubilación aos 67 anos, pero tamén quere atraer traballadores cualificados como enxeñeiros, informáticos ou enfermeiras.

O país recibiu o ano pasado 177.300 inmigrantes, na súa maioría procedentes de Europa central e oriental, o que supón unha subida do 2,6% con relación ao 2010, a maior en 15 anos. O país conta con 10,6 millóns de inmigrantes, dunha poboación total de 81,7 millóns en 2010, segundo o instituto federal de estatísticas Destatis.

As previsións demográficas estiman que a porcentaxe de persoas con 65 ou máis anos pasará do 20% actual ao 34% en 2060. O aumento da inmigración será necesario non só para compensar o declive demográfico, segundo o Bundesbank, senón para manter o crecemento da produción económica e da produtividade, os investimentos a alto nivel e o progreso técnico.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas