GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Laszlo Andor comisario de emprego: «Irse a traballar fora é parte da solución ao paro en Galicia»

(18/04/2012)

«Irse a traballar fora é parte da solución ao paro en Galicia»

Critica as políticas de austeridade que deseñan Francia e Alemaña

 

-Varias das reformas laborais que se están acometendo en Europa preséntanse como unha loita entre os que teñen un traballo e dereitos desde hai anos e os mozos desprotexidos. ¿Veo así?

-Países cun baixo desemprego xuvenil, como Holanda e Austria, tamén teñen altas taxas de emprego nos maiores de 55. É posible ter un mercado laboral integrador se se impulsa o investimento en capital humano, ofrécese protección durante as transicións entre traballos e se se potencia a mobilidade.

 

-En Galicia, tradicionalmente terra de emigrantes, cada vez máis mozos teñen que emigrar para buscarse a vida.

 

-Irse fora é parte da solución ao desemprego en Galicia, pero hai máis cousas ademais da mobilidade. Saber idiomas e estar preparado para buscar oportunidades noutros países pode axudar, pero non se pode centrar a atención aí, cando as principais causas do desemprego son outras.

 

-¿Cales?

-Unha economía de burbulla que é difícil de corrixir no curto prazo. Tamén está a inmigración. Hai grandes dificultades para manter ou crear postos de traballo, pero España aínda recibe un número moi grande de inmigrantes e iso é un reto para o Goberno.

-Nos seus orzamentos, o Goberno prevé máis de 600.000 novos parados este ano a pesar de que se adoptou unha reforma laboral que Bruxelas considerou positiva. ¿Hai que resignarse a esas cifras?

-Por suposto que non, son inaceptables. España ten que preocuparse de por que non se atoparon políticas eficaces desde o 2008. Hai meses estiven en Galicia, pero tamén no País Vasco, que ten a metade de paro que a media española. Teñen outras políticas, usan mellor os fondos europeos, hai flexibilidade. Hai que aplicar esas políticas e apostar por innovación e educación e modelos que noutros países si funcionan.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas