GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A defensora do pobo advirte de que a inmigración non pode someterse ás conveniencias do poder

(18/04/2012)

A defensora do pobo advirte de que a inmigración non pode someterse ás conveniencias do poder

17/04/2012 -

MADRID, 17 (SERVIMEDIA)

A Defensora do Pobo en funcións, María Luisa Cava de Llano, advertiu este martes de que a cuestión da inmigración non pode estar sometida ás conveniencias do poder político, senón a unha norma de carácter xeral que sexa respectada por cada goberno.

Cava de Llano fixo estas declaracións durante a inauguración dunha Xornada organizada polo Consello Xeral da Avogacía Española sobre a situación dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE).

A Defensora do Pobo asegurou que lle precupa "moitísimo" un colectivo "tremendamente vulnerable" como os inmigrantes, que ademais de verse obrigados a deixar a súa terra e a súa familia chegan a un país do que descoñecen o seu idioma e costumes. Razón, dixo, pola que non os podemos defraudar".

Respecto dos centros de internamento, preguntouse se "quizá non estamos esixindo á policía máis do que pode facer", en alusión ao labor que realizan estes funcionarios en relación coa inmigración e cuxo traballo "é de xustiza recoñecer".

Entre as tarefas que é preciso acometer nos CIE, Cava de Llano destacou a necesidade de mellorar os procedementos para evitar e perseguir calquera situación de malos tratos que se poida producir, así como as condicións de vida dos seus habitantes.

En canto á inmigración, a Defensora do pobo sinalou que é conveniente advertir de que esta non pode someterse ás "conveniencias do poder", senón a unha norma xeral que sexa respectada por cada goberno, á vez que puxo de relevo a ausencia de criterios uniformes para solicitar o ingreso nun centro de internamento.

Para rematar, insistiu na necesidade de que teñamos mecanismos efectivos de control policial dentro dos centros e resaltou que, a pesar do traballo realizado nesta materia, aínda "queda moito por facer".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas