GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Choiva de críticas polo funcionamento arbitrario dos CIE

(17/04/2012)

Choiva de críticas polo funcionamento arbitrario dos CIE

Martes, 17 de Abril de 2012

Das 16.590 persoas que foron internadas nalgún Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) en 2009, unicamente 8.935 foron finalmente expulsadas. Así o afirma un informe elaborado pola Comisión Xurídica do Consello Xeral da Avogacía Española (CGAE).

Os datos mostra unha realidade desoladora: case a metade das persoas están sendo privadas de liberdade sen fundamento legal, segundo explicou o presidente da CGAE, Carlos Carnicer, que recordou que estas instalacións son o paso previo para a expulsión de inmigrantes en situación irregular, algo que se cumpre só no 53% de lso casos.

O informe pon de manifesto a "arbitrariedade da actuación administrativa e a falta dun real e eficaz control xurisdiccional" nas instalacións dos CIE, onde se "vulneran os dereitos das persoas internadas"

Tamén denuncia que a actual regulación destes centros non garante de forma plena os dereitos e libertaddes dos estranxeiros que afrontan un proceso de expulsión, sobre todo no relacionado á asistencia letrada e considera "inadmisible" que por carecer dun estatuto xurídico, a situación dos internos nos CIE sexa máis restritiva que a dos reclusos que cometeron delitos polos que cumpren condenas de cárcere.

Así mesmo, o documento constata que España non adaptou adecuadamente a normativa europea en materia de internamento. Por todo iso, pídese ás autoridades que clarifiquen a finalidade e natureza dos CIE e que se poña en marcha un rexistro rigoroso e fiable dos internos.

Pola súa banda, a defensora do pobo (e.f.), María Luisa Cava de Lano, que tamén participou na presentación do documento, alertou sobre a ausencia de criterios uniformes para solicitar o ingreso a un CIE dos inmigrantes en situación irregular e insistiu en que a xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre estes casos mostra que o internamento debe ser a excepción e a multa debería ser a norma. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas