GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca as axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e os seus familiares para 2012

(13/04/2012)

A Xunta convoca as axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e os seus familiares para 2012

O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 12 de abril e finaliza o próximo 30 de setembro

Xoves, 12 de Abril de 2012.


A Secretaría Xeral dá Emigración da Xunta de Galicia convocou as axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e os seus familiares para 2012 que están dotadas cunha contía total de 70.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes comezou o xoves 12 de abril e finalizará o próximo 30 de setembro deste ano, segundo aparece na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o mesmo xoves 12 de abril.

Estas axudas teñen como finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia. O seu obxectivo é reforzar a cobertura aos galegos retornados da terceira idade, así como establecer, ademais das axudas concedidas con carácter xenérico, outras destinadas a sufragar, cos límites establecidos, os seguintes gastos derivados do retorno consistentes en traslado de aveños, gastos da viaxe do retorno e tradución e legalización de documentos.

Estas axudas fundaméntanse en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemente paliativo e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevindas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de tal modo que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos.

Por estes motivo e dada a súa excepcionalidade por razóns de interese social, a Secretaría dá Emigración habilita un mecanismo de tramitación que facilita a cobertura, curso e resolución das solicitudes que se formulen, sen prexuízo da obxectividade da concesión e das garantías da súa aplicación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas