GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As estatísticas pasan por alto aos inmigrantes nacionalizados

(12/04/2012)

As estatísticas pasan por alto aos inmigrantes nacionalizados
Xoves, 12 de Abril de 2012

Pasaportes españolesA realidade de España está marcada por "unha gran diversidade cultural". E é que, aínda que as cifras oficiais falan dun 12% de poboación estranxeira, a presidenta do VII Congreso sobre Migracións Internacionais en España, Cristina Blanco, subliñou que nesta estatística non están rexistrados os inmigrantes nacionalizados nin quen posúen a dobre nacionalidade.

Entre 2002 e 2010 máis de 500.000 persoas estranxeiras adquiriron a nacionalidade española, quedando ocultas entre as estatísticas nacionais, mentres que o número anual de nacionalizacións segue aumentando.

A interculturalidade é un trazo propio da inmigración en España. "En contra dos países con maior tradición de acollida, a poboación estranxeira residente en España mantén a maioría dos seus costumes, tradicións e crenzas relixiosas en cohabitación coas españolas", afirmou Blanco.

A pesar diso e xustificándose nos fluxos de retorno de inmigrantes aos seus países de orixe por mor das menores oportunidades laborais en España, Blanco afirmou que as diversas administracións relaxaron a súa política neste campo. "Hai que incidir na necesidade de fomentar accións encamiñadas á convivencia e a integración das persoas estranxeiras", destacou.

O Congreso, que se celebra ata o 13 de abril no Palacio Euskalduna de Bilbao, reuniu a 500 expertos nacionais e internacionais para pór en común as novas tendencias das migracións internacionais e as novas preocupacións que xorden agora entre os que investigan este fenómeno. O congreso orbita sobre diversos eixos, que van desde a economía, ao mercado de traballo e a crise económica; pasando pola escola e o sistema educativo; a integración relixiosa e a percepción social do fenómeno da inmigración. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas