GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Antonio Aguarón: ''Non teñen asociacións e non adoitan participar nas nosas actividades''

(10/04/2012)

Antonio Aguarón: ''Non teñen asociacións e non adoitan participar nas nosas actividades''


 

08/04/2012 - X.AGUIAR/O.UCHA/AGN

O subdirector xeral de Inmigración, Antonio Aguarón (AGN/Pepe Ferrín)

O subdirector xeral de Inmigración, Antonio Aguarón (AGN/Pepe Ferrín)

O subdirector xeral de Retorno e Inmigración, Antonio Aguarón, explica que, actualmente, non existen asociacións de inmigrantes chineses na comunidade galega -"polo menos que contacten connosco", puntualiza-. Indica tamén que nas actividades que o seu departamento organiza, e "nas que participa todo tipo de inmigración", tampouco "adoita haber inmigrantes chineses".

Respecto diso, o subdirector xeral insiste en que, ao non existir este tipo de colectivos, o seu departamento non conta cos datos suficientes para dispor dun "perfil do inmigrante chinés". "Descoñecemos un pouco cal é a súa formulación, incluso á hora de acceder ao país", recoñece.

Como posible razón, Aguarón apunta a que "a súa cultura é moito máis independente e non necesitan a unión que dá ese movemento asociativo". En cambio, destaca que a poboación chinesa ''mantén moitísimo as súas tradicións'', como a celebración do ano novo propio, aínda cando viven fosen do seu país de orixe. Neste sentido, matiza que este aspecto non se percibe moito en Galicia, onde a inmigración chinesa ''non é alta'', pero si nas grandes cidades españolas, como Madrid.

AUTOEMPREGO

Tamén recorda que estes inmigrantes se dedican, fundamentalmente, ao "autoemprego", ata o punto de entrar "a formar parte da xerga da xente". Todo iso a pesar de que en Galicia "aínda estamos a asistir á explosión dos comercios rexentados por chineses". "A xente di isto cómproo no chinés, pero non isto cómproo no romanés ou no caboverdiano e seguro que hai algún caboverdiano que ten un bazar", comenta o subdirector xeral.

Respecto diso, Aguarón engade que a poboación chinesa galega está asentada, fundamentalmente, nas cidades ou, como moito, nas poboacións dormitorio limítrofes con estes grandes núcleos de poboación, xa que "é onde existe unha maior concentración de establecementos que poden ser rexentados por eles". "Pouco sentido tería que un chinés se asentase en Chandrexa de Queixa se quere abrir un deste comercio", reflexiona.

Nesta mesma liña, o subdirector xeral sinala que "parece claro que son xente que vén cunha idea moi clara do que van facer" unha vez cheguen a terras galegas. "Desde o momento en que hai grandes cadeas de distribución de produtos chineses, teñen moi fácil acceder no seu país de orixe a toda a información que necesitan", aduce. "Digamos que xa veñen por unha vía un tanto organizada e montada do que pensan facer aquí", sentenza Aguarón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas