GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O orzamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social destinado a emigración descende nun 23%

(04/04/2012)

O orzamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social destinado a emigración descende nun 23%

Mantéñense as prestacións para os "nenos da guerra"

E.E. Última Actualización Martes, 03 de Abril de 2012.


O Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2012 presentado polo Goberno o martes 3 de abril no Congreso dos Deputados contempla unha redución das prestacións por razón de necesidade ao estranxeiro que pasan de 88 millóns de euros a 70,6.

"Como consecuencia da excepcionalidade da situación económica en que se deseña este escenario orzamentario, redúcense, transitoriamente, as previsións de actuacións de contido económico para 2012, seguindo unha rigorosa orde de prioridades que, en todo caso, salvagarda os programas de carácter asistencial".

Así  se pode ler na memoria de obxectivos do programa 231 B de Accións en favor dos emigrantes (antes Accións en favor da cidadanía española no exterior) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Seguindo a indicación da memoria, o orzamento global deste programa descende nun 23% ao pasar de 116,6 millóns de euros a 89,7. Un recorte de case 27 millóns de euros.

Así mesmo, contémplase unha redución de case o 20% das prestacións por razón de necesidade que pasan de 88 millóns a 70,6. Atenderanse con esta contía a uns 35.000 beneficarios.

Con todo, as prestacións dos "nenos da guerra" case se manteñen iguais xa que soamente redúcense nun 1,5% ao pasar de 9,5 millóns a 9,3.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas