GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A discriminación tributaria a traballadores transfronteirizos, baixo lupa

(04/04/2012)

A discriminación tributaria a traballadores transfronteirizos, baixo lupa

Martes, 03 de Abril de 2012

Unión EuropeaA Comisión Europea investigará os impostos directos nacionais dos Vinte e sete para determinar se existe discriminación tributaria aos traballadores doutro Estado membro para que paguen máis e anunciou que expedientará aos Gobernos que persistan en impor desvantaxes fiscais a temporeros e outros traballadores transfronteirizos.

Bruxelas centrará a súa avaliación en comprobar se as deducións persoais e familiares establecidas en cada país se aplican do mesmo xeito aos cidadáns nacionais e aos residentes que proceden doutros países da Unión Europea (UE).

Ademais, investigará se se establecen diferenzas á hora de deducir gastos ou se se lles aplica tipos impositivos distintos tanto para traballadores por conta allea como aos que traballan por conta propia e aos pensionistas.

Para o comisario de Fiscalidade, Algirdas Semeta, os "obstáculos fiscais" disuaden aos cidadáns europeos a buscar traballo noutro Estado membro. Por iso, recordou que as normas da Unión Europea (UE) establecen que todos os cidadáns europeos deben recibir un trato igualitario no mercado único, sen discriminacións que menoscaben o dereito á libre circulación dos traballadores.

Na Unión Europea preto de 1,2 millóns de persoas traballan noutro Estado membro e os seus salarios brutos en 2010 chegaron aos 46,9 millóns de euros. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas