GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Profesor de baile «Nunca vivín nun lugar con tanta xente boa por metro cadrado»

(03/04/2012)

Profesor de baile «Nunca vivín nun lugar con tanta xente boa por metro cadrado»

O bailarín senegalés chegou o máxico día de Reis á vila noiesa e hoxe xa é un veciño moi querido en todo o pobo

 

 

Autor:
raquel iglesias
Localidade:
ribeira / la voz
Data 

 

 

-¿Canto tempo leva bailando?

-En España levo seis anos, a maior parte do tempo en Almería. Pero xa en Senegal practicaba danza moderna e tradicional. Alí considérase que os bailes de salón son para xente da terceira idade. Decidín vir para labrarme un futuro mellor do que podía ter no meu país de orixe. Alí os mozos soñan con isto.

 

-¿Compaxina con algún outro traballo as clases de danza?

-Si, vendo roupa e outros artigos nos mercadillos da zona. Teño experiencia en buscarme a vida. Por dar clases de baile cobro un prezo simbólico, xa que só con esta actividade non me daría para vivir.

 

-Son moitos os noieses que xa seguen os seus pasos de baile...

-Si, xa son preto dunha trintena. Están a gustarlles moitos as miñas clases e eu teño a sensación de que aprenden un pouco máis cada día que pasa.

 

-¿Como lle acolleron os veciños da vila?

-De marabilla. Están a tratarme moi ben. Encántame este sitio, nunca vivín nun lugar con tanta xente boa por metro cadrado. A calidade de vida é enorme e gústame o contacto coa natureza. Por outra banda, o aluguer é moito máis barato que noutros lugares nos que vivín e isto facilita moito as cousas. Só me queda aprender a falar ben o galego.

 

-¿Que lle achega o baile?

-O baile permitiume facer moitos amigos en Noia. Aquí xa me sinto moi querido. Esta é unha actividade idónea para socializar.

 

-¿Tivo que lamentar algún episodio racista?

-No mundo da danza hai moitas envexas e tiven que vivilas. Pero creo que hai que aguantar, porque estes son os mínimos. Esta é a miña filosofía.

 

-¿Cales son os seus plans de futuro máis inmediatos?

-Gustaríame montar un grupo de baile en Noia para poder levar lonxe o nome da vila e que todo o mundo a coñeza. Tamén me gustaría namorarme e formar unha familia nesta terra na que agora estou contento de vivir.

ibrahima sarr profesor de baile

«No mundo da danza hai moitas envexas e vivín algúns episodios de racismo»

«Decidín vir para labrarme un futuro mellor do que podía ter no meu país de orixe»

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas