GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número de coruñeses no estranxeiro crece un 15% en tres anos

(03/04/2012)

O número de coruñeses no estranxeiro crece un 15% en tres anos

 

 

O aumento afecta especialmente aos países con maior presencia de galegos

Os mozos que se trasladan ao estranxeiro en busca de oportunidades e os emigrantes retornados que, ante a crise económica, volven marcharse; propiciaron que a poboación con orixe na provincia instalada noutros países creza un 15% desde o ano 2009

La Opinión Martes 03 de abril de 2012

PABLO LÓPEZ | A Coruña A cifra de cidadáns da provincia que residen no estranxeiro aumentou coa crise económica. Desde 2009, non houbo nin un só ano en que a cantidade total de coruñeses que habitan fóra de España non crecese -aumentou un 15% en tan só tres anos-. Os datos, facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), revelan un crecemento de individuos de nacionalidade española procedentes da provincia da Coruña en case todos os países, aínda que o aumento resulta especialmente significativo nos países de Surámerica e en Suíza, o que demostra a tendencia dos emigrantes retornados a volver marcharse aos países aos que os seus familiares ou eles mesmos xa acudiran no pasado.

O número de cidadáns con pasaporte español que teñen a súa orixe na provincia e que residen no estranxeiro pasou de ser de 135.377, en 2009, a 155.808, no primeiro día deste ano 2012. Esta variación confirma o que habían expostos os sociólogos: que cada vez son máis os españois e, por tanto, os coruñeses que ven obrigados a marcharse ao estranxeiro en busca de traballo.

Entre as estatísticas recollidas no estudo destacan as que fan referencia aos países suramericanos aos que, tradicionalmente, máis emigraron os galegos. Entre todos eles, sobresae o de Arxentina, onde a poboación de coruñeses emigrados con nacionalidade española pasou dos 46.542 do ano 2009 aos 52.831 de principios deste ano, un crecemento que, convertido en porcentaxe, supón máis dun 13%.

Algo parecido sucede con Uruguai e Venezuela, outros dous países latinoamericanos con forte presenza de inmigrantes galegos. Urugay, ao pasar de 16.869 coruñeses en 2009 aos 20.114 de 2012, rexistrou un crecemento porcentual incluso maior que o de Arxentina e que o da media total de todos os países, cun 19%. Venezuela rexistrou un aumento dun 7% neste últimos tres exercicios.

Estes son só tres exemplos que ilustran o que ocorre no continente americano, que conta cun 18% máis de habitantes de nacionalidade española e orixe coruñesa que en 2009 -de 98.675 a 116.651-.

A tendencia dos emigrantes retornados a volver marcharse pode observarse tamén en Europa e, como exemplo, serve o que ocorreu en Suíza, o país europeo con maior presenza galega e unha nación que, entre 2009 e 2012, incrementou a súa poboación de coruñeses en máis de mil unidades -ao pasar de 16.993, en 2009, a 18.005, o pasado 1 de xaneiro.

Aínda que con cifras moito máis baixas, resulta tamén rechamante o caso de China. O xigante asiático pasou de 48 a 80 habitantes neste tres anos, logrando así un crecemento dun 66%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas