GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Suspéndese o Fondo para Integración de Inmigrantes

(02/04/2012)

Suspéndese o Fondo para Integración de Inmigrantes

MADRID, 30 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social precisou que o Fondo para a Integración de Inmigrantes non se elimina, senón que se suspende a súa aplicación en 2012, ao aprobar o Consello de Ministros que esta figura non teña dotación algunha no presente exercicio.

Así, fontes deste departamento informaron a Europa Press de que, a pesar de que a dotación do Fondo pasa dos 67 millóns de euros previstos no anterior exercicio a cero para este ano, a decisión do Goberno consiste en deixar sen efecto o artigo que regula o fondo en 2012.

Esta foi unha partida creada para que as comunidades autónomas apoiasen os programas encamiñados a políticas de integración.

Segundo o resúmen de principais reducións aplicadas polo Executivo para os Orzamentos Xerais do Estado que difundiu o Goberno ao termo do Consello de Ministros, o Fondo, adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social queda liquidado, pois se reduce nun cento por cento a contía coa que estaba dotado.

O Fondo para a Integración foi creado polo goberno socialista no ano 2004 cunha dotación que pasou de 7 millóns de euros ata os 200 que se consignaron no ano 2009, destinados principalmente á acollida a pé de praia, as políticas de aprendizaxe da lingua e o reforzo educativo dos inmigrantes chegados a España, mediante acordos con ONG, comunidades autónomas e concellos.

Aquel mesmo 2009, o entón ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, intentou aplicar un recorte do 30 por cento sobre o Fondo de Integración, restándolle 59 millóns de euros ao seu orzamento. Con todo, distintas ofensivas parlamentarias impulsadas polo Partido Popular e CIU conseguiron que o Executivo dese marcha atrás e, finalmente, a partida foi restituída.

No entanto, as medidas de austeridade a conta da crise económica e o descenso no fluxo de inmigrantes a España supuxeron novos recortes para este fondo durante os anos 2010 e 2011, ata quedar reducido aos 67 millóns de euros que o Goberno do Partido Popular agora eliminou.

Precisamente o pasado martes a Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso deu luz verde a unha iniciativa pactada entre o PP, o PSOE e CIU que instaba ao Goberno a "garantir" o financiamento do Fondo de Integración, para "dotar de recursos" a comunidades autónomas e concellos na tarefa de integrar a inmigración.

A iniciativa insta ao Goberno a "continuar" cooperando coas comunidades autónomas, de conformidade co previsto na Lei de Estranxeiría "no ámbito das políticas de integración dos inmigrantes, mediante o financiamento de programas no marco do Fondo de apoio á acollida da integración dos inmigrantes, adoptando as medidas que permitan o seu financiamento no marco da dispoñibilidade orzamentaria".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas