GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 28% dos inmigrantes novos que se van son de Bolivia, Marrocos e Romanía

(30/03/2012)

O 28% dos inmigrantes novos que se van son de Bolivia, Marrocos e Romanía

Venres, 30 de Marzo de 2012

AeropuertoEn 2010, o 28% dos estranxeiros entre 25 e 44 anos que decidiron abandonar España procedían de Bolivia Marrocos e Romanía. Así o sinala a publicación 'Migracións e capital humano en tempos de crise' da serie Capital Humano, que edita o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie).

O informe indica que a inmigración romanesa, boliviana e brasileira cae a partir de 2007, sendo a procedente de Bolivia a que mostra a redución máis acusada, ao acumular unha diminución do 47,7%, mentres que a redución das chegadas de romaneses e brasileiros se achega ao 31%. Marrocos, Ecuador e Colombia tamén presentan taxas negativas dende 2008, con caídas medias dun 28%, 46% e 35%, respectivamente.

Os datos permiten concluír que a maior parte dos estranxeiros que emigran dende España o fan para retornar ao seu país de orixe, mentres que as migracións secundarias a outros países da Unión Europea é minoritaria. Esta última é unha alternativa que elixen máis os inmigrantes africanos e americanos que os asiáticos.

En España existen dous programas de retorno asistido: un vixente dende 2003, dirixido a persoas con dificultades graves que desexan volver ao seu país, e outro impulsado en 2008 no marco da crise económica, destinado a inmigrantes no paro con dereito a prestación por desemprego. Co primeiro programa, retornaron 11,799 persoas entre 2003 e 2010. O segundo deles aprobou 8.451 solicitudes das 11.660 rexistradas entre 2008 e abril de 2010. A poboación latinoamericana foi a máis beneficiada en ambos os dous casos. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas