GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Defensor do Pobo pide acabar coas redadas e detencións preventivas de inmigrantes

(30/03/2012)

O Defensor do Pobo pide acabar coas redadas e detencións preventivas de inmigrantes

A oficina do Defensor do Pobo recomendou á Policía que erradique a práctica de controis de identificación baseados en perfís étnicos e raciais e de "detencións preventivas" de estranxeiros que estean debidamente identificados.

Mércores 28 de Marzo de 2012

Este é un dos asuntos destacados polo Defensor do Pobo no seu informe de actividade correspondente a 2011 no que, en materia de inmigración, tamén cabe destacar a preocupación da institución polo tratamento que reciben os menores estranxeiros non acompañados e as condicións de vida nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIES).

Os temas de estranxeiría e inmigración son un dos que máis queixas individuais xerou ao longo do ano, detalla o informe, que recolle 1.201 queixas individuais e 61 de oficio nesta materia.

A pesar da cantidade de queixas recibidas, a institución congratúlase do feito de que moitas das súas recomendacións do ano pasado favoreceron varias reformas legais e 'importantes cambios' en procedementos administrativos.

A pesar da aprobación da nova Lei de Estranxeiría, a institución que dirixe en funcións María Luisa Cava de Llano detectou infraccións, ilegalidades e prácticas que lesionan os dereitos dos inmigrantes.

Así, o informe detalla as numerosas denuncias de cidadáns que foron vítimas de controis de identificación en plena rúa e sufrido 'detención cautelar' mentres a Policía comproba a legalidade ou non da súa situación en España, unha práctica reiteradamente denunciada pero que aínda se leva a cabo.

En canto á situación dos menores estranxeiros non acompañados (MENAS), o Defensor do Pobo subliñou que as queixas relacionadas coa determinación da idade seguen sendo unha constante pese ao informe monográfico e as recomendacións emitidas o ano pasado.

Feitos como que sexa a Policía quen realice as probas de idade e non a Fiscalía, ou que se poña en dúbida a fiabilidade de documentos oficiais son algúns dos reproches da institución.

Así, o informe detalla o caso de tres mozos procedentes de Malawi que chegaron a España con motivo da Xornada Mundial da Mocidade e decidiron quedar.

Tras uns meses acollidos nun centro de menores, practicáronselles as probas de idade a pesar de que os seus pasaportes identificábanos como menores e todos contaban cun visado de entrada emitido pola embaixada de Alemaña no seu país.

Resultado das probas, dous deles foron declarados adultos e o terceiro negouse a someterse ao procedemento, a pesar do que o Defensor do Pobo está investigando o caso por considerar que as probas non estaban debidamente motivadas.

Finalmente, outro asunto que ocupou ao Defensor do Pobo ao longo do ano 2011 foi o control das condicións dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIES), un asunto ao que dedicou varias investigacións, visitas sorpresa a centros e un informe monográfico cuxas recomendacións están sendo adoptadas.

A institución mantén abertas investigacións a centros de Fuerteventura, Ceuta e Melilla; polas mortes de senllos retidos nos centros de Barcelona e Madrid, e pola expulsión do centro de Valencia dun interno que denunciara malos tratos.

Terra Noticias
 / EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas