GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 63% dos españois que vive no estranxeiro naceu fóra de España

(30/03/2012)

O 63% dos españois que vive no estranxeiro naceu fóra de España

Mércores, 28 de Marzo de 2012 

Do total dos españois que viven fóra de España (1.816.835 persoas), o 63,3% naceu noutro país e obtiveron a nacionalidade ben porque os seus pais ou avós eran españois, ben porque foron inmigrantes que, tras obter a nacionalidade española ao residir no país, retornaron ao seu país de orixe.

Segundo os datos do último Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) con data 1 de xaneiro de 2012, o número de cidadáns españois que viven no estranxeiro creceu un 6,7% entre xaneiro de 2011 e o mesmo mes de 2012, o que significa que 114.057 españois saíron do país no último ano.

A maioría deles está en idade de traballar, pois o 62,2% ten entre 16 e 64 anos, mentres que o 23,4% é maior de 65 anos e só o 14,4% dos inscritos é menor de 16 anos. O 51% do total son mulleres.

O destino preferido de quen se marchan é América, onde hai 83.763 novos inscritos, sguido de Europa, con 26.222 españois máis. Por países, o ranking lidérano Arxentina (367.939), Francia (198.182), Venezuela (179.035) e Alemaña (111.731).

A novas inscricións rexistráronse principalmente en Arxentina ( 22.073), Cuba ( 13.890) e Brasil ( 8.362 máis). www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas