GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ramón Villares, avoga en Bos Aires por «reforzar» a marca do país

(23/03/2012)

Ramón Villares, avoga en Bos Aires por «reforzar» a marca do país

 
Venres, 23.03.2012
  • Asegura que a cultura galega xogou e xoga na emigración un papel moi importante.

Ramón Villares nunha imaxe de arquivo. Foto: Consello da Cultura Galega.

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, visitou Bos Aires para participar en varios actos, dentro dunha xira que tamén o levará a outras cidades de importancia histórica para a emigración galega, como son Montevideo e São Paulo.

Segundo Villares a cultura galega na emigración xogou, e xoga, un papel moi importante porque unha gran parte da entidade galega construiuse non só na emigración, senón coa mirada das colectividades emigrantes que trataron de reconstruír a súa comunidade de orixe fóra de Galicia.

Na súa opinión, deberiamos ter un organismo que mantivese viva a cultura galega fóra de Galicia, pero a proxección exterior, en xeral, está moi fragmentada. É da opinión de que debería haber unha estratexia única, e unha estratexia de país para reforzar a marca de Galicia. Asegura que no que ao Consello respecta, tratan dalgún modo de sentar as bases do que hoxe se chama diplomacia cultural ou poder brando, é dicir, aquilo que poden transmitir a outros países como propio e que realmente dá un valor específico. E a emigración, a cultura, o Camiño de Santiago, todo isto dá a Galicia unha entidade, un perfil, unha marca de país e niso estase a traballar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas