GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O embaixador aclara que a emigración a Alemaña é «máis baixa» do que se pensa

(23/03/2012)

O embaixador aclara que a emigración a Alemaña é «máis baixa» do que se pensa

Reinhard Silberberg, que se reuniu hoxe con empresarios galegos, compara a situación de España coa do seu país hai dez anos

 

O embaixador de Alemaña en España, Reinhard Silberberg, asegurou hoxe que a emigración de españois ao país xermano en busca dun posto de traballo é «moito máis baixa do que moita xente pensa». Silberberg, nun encontro coa prensa previo a unha reunión sectorial con empresarios galegos, remitiuse á cantidade de españois que probaron sorte en Alemaña no primeiro semestre de 2011: 11.000 persoas; unha cifra ao seu xuízo «normal» entre «dous países que pertencen á UE» cun «mercado laboral libre».

O embaixador incidiu en que os demandantes de emprego que viaxaron a Alemaña pertencen a «todas as categorías» profesionais, aínda que con especial incidencia entre enxeñeiros e especialistas en telecomunicacións.

Situación económica

O embaixador alemán estableceu paralelismos entre a España actual e o seu país entre 2000 e 2002, cando adoecía de «os mesmos problemas» por culpa dunha «falta de reformas estruturais» ou duns «orzamentos negativos». Silberberg recordou que, entón, o Executivo alemán reformou o sistema de pensións, o mercado laboral, o sistema sanitario e a Seguridade Social, ao que se sumou unha política de «austeridade».

Segundo o embaixador alemán, as medidas adoptadas polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, «son exactamente as mesmas» e contribuíron a que a imaxe española «mellore moito», ao momento que se mostrou convencido de que «sairá da crise como país forte e creativo que é». «España é cada vez máis atractiva para investidores estranxeiros», sinalou, á vez que expuxo que o primeiro posto en exportacións españolas cara a Alemaña son os vehículos, por diante dos produtos químicos e da maquinaria.

Polo demais, revelou que as empresas xermanas dan emprego a «máis de 350.000 persoas» en España e que a súa facturación conxunta é de 70.000 millóns de euros, o equivalente ao 7% do PIB español.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas