GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caen nun 7,8% os estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia

(20/03/2012)

Caen nun 7,8% os estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia

Extranjeros, inmigrantes trabajando
Foto: EUROPA PRESS

Pontevedra conta coa cifra máis alta de afiliados, pero experimentou o maior descenso con respecto ao ano pasado

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Mar. (EUROPA PRESS) -

O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia descendeu nun 7,8 por cento no mes de febreiro fronte ao mesmo mes de 2011, é dicir, perdeu un total de 2.830 inscritos na análise interanual e sitúase, na actualidade, en 33.459 persoas.

Así se desprende dos datos do Ministerio de Emprego e Seguridade que foron difundidos este martes, e nos que se recolle que Galicia conta con 23.701 afiliados estranxeiros no réxime xeral e 4.962 no réxime autónomo.

Ademais, estas cifras supón unha baixada do 0,22 por cento con respecto ao mes de xaneiro, de forma que no segundo mes de 2012, a Seguridade Social perdeu 73 afiliados inscritos con respecto ao primeiro do ano.

Por provincias, Pontevedra conta co maior número de afiliados (12.169), aínda que experimentou o descenso máis grande con respecto ao mesmo mes de 2011 (-10,38%). Pola súa banda, A Coruña contou en febreiro con 12.009 afiliados estranxeiros, o que, en todo caso, supuxo un descenso do 5,75 por cento fronte ao mesmo mes do ano pasado.

Lugo é a terceira provincia con maior número de afiliados estranxeiros á Seguridade Social, 5.027, rexistrando, iso si, o segundo maior descenso no cómputo interanual (-8,56%). Ourense, pola súa banda, rexistrou 4.254 afiliados estranxeiros á Seguridade Social, un 4,85 por cento menos de inscritos que en febreiro de 2011.

POR PROCEDENCIA
Segundo os datos do Ministerio de Traballo, solicitados por Europa Press, dos 33.459, un total de 19.843 procedían de fóra da Unión Europea, mentres que 13.617 son orixinarios dalgún dos 27.

Dos que proceden da UE, 10.799 están inscritos no réxime xeral e 2.275 no de autónomos. Pola súa banda, 12.902 afiliados no réxime xeral e 2.686 no réxime de autónomos son os datos que se corresponden cos afiliados estranxeiros de países non pertencentes á Unión.

A hostalería, con 4.978 afiliados; o comercio, con 3.129 inscritos; e a construción, con 3.067 son os sectores que maior número de afiliados concentran no réxime xeral da Seguridade Social. Tamén o Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Bicicletas (1.719) e Hostalería (1.063) suman a cifra de afiliados á Seguridade Social maior.

No ámbito estatal, a Seguridade Social perdeu 8.637 cotizantes estranxeiros en febreiro, un 0,51 por cento en relación ao mes anterior, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.681.548 ocupados. O Ministerio sinalou que este descenso está condicionado ao fin da campaña da oliva en Xaén, Toledo e Cidade Real.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas