GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración de Norma e Antonia

(14/03/2012)

A emigración de Norma e Antonia

 
Martes, 13.03.2012
  • As Mulleres Rurais Val da Louriña premian a traxectoria vital de dúas mosenses.
  • Dende Sanguiñeda, a costureira Antonia Giráldez emigrou a Bos Aires tras casar por poderes e despois de levar sen ver catro anos o seu noivo.
  • A uruguaia Norma Pedreda, á fronte de Supermercado Puxeiros, deixou o seu país para emigrar a Australia e despois á terra do seu marido, Mos.
De esquerda a dereita, Antonia Giráldez e Norma Pedreda. // D.P.
De esquerda a dereita, Antonia Giráldez e Norma Pedreda. // D.P.

Dúas vidas anónimas de Mos que entrañan a dureza da emigración son a de Norma Pedreda, de 77 anos e veciña de Puxeiros, e a de Antonia Giráldez, de 80 anos e veciña de Sanguiñeda. Por todos os traballos que desempeñaron, dentro e fóra dos seus países de orixe, son as homenaxeadas deste ano polas Mulleres Rurais Val da Louriña.

Norma Pedreda é orixinaria de Uruguai onde casou cun mosense. Alí traballou de secretaria, caixeira de óptica e perruqueira. Aos 40 anos emigrou a Australia co seu marido e os seus dous fillos e alí traballou limpando oficinas e casas e tamén como "tea-lady" servindo o té e o café nunha empresa téxtil. Aos 50 anos chegou á terra do seu esposo e xuntos abriron o Supermercado Puxeiros, aínda hoxe en funcionamento aínda que non baixo a súa dirección.

Tras xubilarse, aos 65 recén cumpridos, aproveitou o seu tempo para facer todo tipo de cursos, entre eles tres de informática, que lle permitiron manexarse cunha tablet para ler libros dixitais.

Pola súa banda, Antonia Giráldez, máis coñecida como Toñita, traballou como costureira e, antes de casar, encargábase da tapizaría dos autobuses e camións do taller do seu pai. O seu noivo, tamén mosense, emigrou a Bos Aires a por traballo e despois de catro anos sen verse, casaron por poderes. Entón, Toñita cruzou o charco para empezar unha vida xunto a el. Para iso, tivo que navegar en barco durante vinte días.

Unha vez en Bos Aires dedicouse a coser e despois, xunto ao seu esposo e outros socios, compraron un pequeno hotel. Nel encargábase das 50 camas, de lavar toda a roupa do hotel. "Había que rasquetear os pisos con esponxa de arame, despois limpar con disolvente e encerar para sacar brillo" recorda Toñita. Por motivos de saúde tras trece anos de emigración propuxo ao seu marido volver a Mos. Así o fixeron e aquí recuperou o seu traballo de modista.

A homenaxe das Mulleres Rurais Val da Louriña a estas dúas emigrantes celebrouse no Local Veciñal do Piñeiral de Sanguiñeda. Actuaron Marta Quintana coa súa arpa e o grupo vocal Amieiro de la Asociación Chan do Bosque de Ameirolongo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas