GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta fomentará as unións entre as entidades galegas do exterior

(12/03/2012)

A Xunta fomentará as unións entre as entidades galegas do exterior

 
Domingo, 11.03.2012
  • A Lei de galeguidade, que será obxecto de debate no Consello de Comunidades Galegas, apostará pola concentración de centros.
  • Rueda e Camba avanzan que se priorizarán nas subvencións a aquelas entidades que aposten pola cooperación.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, no Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, participaron onte nunha cea con presidentes de entidades e comunidades galegas en Uruguai, aos que trasladaron que a Xunta apoiará decididamente a cooperación entre as entidades galegas no exterior e mesmo fomentará a súa unión.

En concreto, avanzaron que se priorizarán nas liñas de subvencións e nos distintos programas de actuación a aquelas entidades que aposten pola unión e pola cooperación, para lograr sinerxías e ofrecer un mellor servizo aos galegos e ás galegas da diáspora. Ademais, anunciaron que a nova Lei de Galeguidade, que será obxecto de debate en xuño no X Consello de Comunidades Galegas, tamén promoverá e fomentará os procesos de fusión entre entidades galegas no exterior.

A nova normativa, que ten como obxectivo reflectir a realidade actual da galeguidade e da cidadanía galega no exterior, tamén fai fincapé e reforza o papel relevante dos galegos e as galegas no exterior no fortalecemento e desenvolvemento de accións que consoliden a internacionalización da economía galega e a proxección económica de Galicia no exterior. Así mesmo, promove a labor da galeguidade como axentes da promoción cultural de Galicia, como difusores das posibilidades turísticas da Comunidade Autónoma e como axentes de cooperación ao desenvolvemento.

A futura Lei de Galeguidade foi un dos asuntos que centrou a cea que mantiveron Rueda e Camba cos e coas representantes das entidades galegas no Uruguai, entre as que se atopaban o Centro Gallego de Montevideo, Centro Cultural Alma Gallega; Centro Pontevedrés Social y Deportivo; Patronato da Cultura Galega; Hogar Español ou a Federación de Asociaciones gallegas en el Uruguay; entre outras.

Visitas previas
Previamente, o conselleiro e o secretario xeral visitaron a delegación da Xunta en Montevideo, onde mantiveron un encontro co delegado Manuel Barros Rivadulla, quen lles explicou a actividade diaria que leva a cabo a representación do Goberno galego na capital uruguaia. En concreto, a delegación de Montevideo tramitou máis de 1.100 expedientes e atendeu preto de 3.700 consultas relacionadas con axudas económicas, solicitudes de tarxetas sanitarias ou programas de reencontros, entre outros asuntos.

Posteriormente, trasladáronse ao Centro Pontevedrés Social e Deportivo, onde visitaron as súas instalacións e mantiveron un encontro coa súa directiva, á que entregaron uns instrumentos musicais. Despois trasladáronse ao Hogar Español de Montevideo, onde tamén tiveron oportunidade de visitar as súas instalacións e asinaron un convenio de colaboración co seu presidente, Antonio Ríos, que ten por obxectivo apoiar a asistencia a persoas galegas no centro de día.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas