GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda e Camba inauguran en Uruguai un centro de rehabilitación cardíaca no Centro Gallego de Montevideo

(12/03/2012)

Rueda e Camba inauguran en Uruguai un centro de rehabilitación cardíaca no Centro Gallego de Montevideo

Domingo, 11.03.2012
  • Está ubicado no Centro Gallego de Montevideo, considerado o máis antigo do mundo en funcionamento.
 
  • O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Ca
    O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Ca

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, inauguraron na mañá de onte o Centro de Rehabilitación Cardíaca do Centro Galego de Montevideo (Uruguai), onde ambos aproveitaron para destacar a xenerosidade e a solidariedade do pobo galego cos seus e as súas emigrantes.

O Centro Gallego de Montevideo foi fundado en agosto de 1879 e está considerado o centro galego máis antigo do mundo. Foi concibido fundamentalmente como un centro cultural, deportivo e recreativo; aínda que entre os seus fins fundacionais estaba o de crear un fondo de beneficencia co que poder socorrer aos galegos e as galegas sen recursos, especialmente ás e aos que se atopaban enfermos.

Así, coa inauguración desta mañá ábrese por fin un espazo vinculado ao tratamento de doenzas médicas específicas, completando uns servizos que historicamente estiveron e seguirán estando comprometidos coa cultura, o ocio e o deporte, pero no que tamén hai lugar para o coidado dos que más o necesitan.

O centro uruguaio continúa hoxe en días a súas iniciativas vinculadas á beneficencia coa organización de actividades en apoio ao Hogar Español de Ancianos de Montevideo e a coordinación de diversos programas asistenciais en favor de neas e nenos descendentes de persoas galegas desfavorecidos, entre outras actividades.

O Centro de Rehabilitación Cardíaca inaugurado onte no barrio de Carrasco conta cunha sala de actividades físicas e localizada, vestiarios, duchas e baños adaptados, piscina cerrada climatizada, sistema de calefacción, sala de masaxes, hidromasaxe e rampla de acceso para cadeiras de rodas.

Novas e Actualidade

Titulares
Histórico

 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       
 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas