GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España pide á UE que manteña as axudas para frear a inmigración irregular

(09/03/2012)

España pide á UE que manteña as axudas para frear a inmigración irregular

08-03-2012 / EFE

España pediu hoxe á Unión Europea (UE) o mantemento da axuda para frear a chegada de inmigrantes irregulares a territorio comunitario, a pesar da diminución da presión migratoria dos últimos meses.

Nun Consello de ministros de Interior da UE, o titular español, Jorge Fernández Díaz, subliñou a importancia deses fondos e expresou a súa confianza en que non se vexan minguados polas axudas que a UE ten previsto destinar no marco da asistencia aos países da chamada "primavera árabe".

"Expuxemos que a axuda que entendemos que é precisa pola Primavera Árabe (...) non vaia en detrimento da axuda que é preciso manter no Mediterráneo occidental e a zona atlántica", indicou o ministro español en rolda de prensa.

Na reunión de ministros de Interior da UE tratouse sobre a inmigración irregular e da creación dunha rede común de solidariedade en favor dos países que afrontan problemas relacionados coas solicitudes de asilo, en particular Grecia.

O ministro explicou que España destacou que o descenso dos fluxos migratorios que se produciron no Mediterráneo Occidental e na zona atlántica, e en particular dos procedentes de Senegal ou Mauritania cara a Canarias, non se debe a unha diminución da presión, senón ás medidas que se aplican a nivel comunitario para combater o problema.

"Non é porque esa presión diminúa, senón porque o control é nestes momentos moito máis eficaz e efectivo, froito dos acordos cos países de orixe deses fluxos e da axuda da Axencia Europea de Control de Fronteiras" (Frontex), sinalou.

Por outra banda, sobre os cambios do Tratado Schengen que prepara a UE, que permitirán reintroducir os controis nacionais nas fronteiras cando se considere necesario, o ministro indicou que España é partidaria de que o Consello, e non a Comisión Europea, teña a última palabra nese ámbito.

Tendo en conta que é un tema que afecta á soberanía, é bo que os países compartan a última palabra e que o asunto "non quede estritamente no ámbito da Comisión", considerou.

Os ministros teñen previsto debater na sesión de tarde do Consello a posta en marcha dun plan de solidariedade cos países con problemas de solicitantes de asilo, como é o caso de Grecia, que segundo a Axencia Europea de Dereitos Humanos é a porta de entrada á UE do 90 % dos inmigrantes irregulares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas