GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hai preto de 48.000 vítimas de trata sen identificar en España

(09/03/2012)

Hai preto de 48.000 vítimas de trata sen identificar en España

Xoves, 08 de Marzo de 2012

trataEn España pode haber máis de 48.000 mulleres vítimas de Trata sen identificar e, polo tanto, sen apoio para saír das redes de explotación e acceder a medidas de protección. Son cálculos do Proxecto Esperanza Adpratrices, unha organización que desenvolve programas de apoio para estas mulleres, a maioría delas estranxeiras.

Os datos obtivéronse cruzando as estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT) e as cifras do informe de 2010 UNODC "Trata de persoas cara a Europa con fins de explotación sexual".

"Comparando as estimacións da OIT e as cifras reunidas pola UNODC, nos países industrializados todos os anos descóbrense unha de cada 30 das vítimas", dixo a coordinadora do Proxecto Esperanza, Marta González.

Das 1641 vítimas que se identificaron en 2010, o 93% eran estranxeiras, principalmente de nacionalidade romanesa, brasileira, paraguaia e dominicana e con idades que van dos 23 aos 32 anos. Con todo, 13 delas eran menores de idade.

Os principais obstáculos que deben afrontar para pedir axuda son o medo a represalias, a chantaxe e manipulación dos tratantes, illamento, falta de liberdade, descoñecemento do idioma, desconfianza, así como o impacto sobre a saúde física e psicolóxica do delito sobre a muller.

González tamén se mostrou preocupada polos efectos que os recortes que se están realizando para superar a crise económica poidan ter na identificación e protección das vítimas. "Os avances que se produciron en España nos últimos anos na lexislación, recoñecendo dereitos e medidas de protección ás vítimas de trata non teñen ningún valor se non se garante a súa aplicación na práctica e o financiamento de recursos especializados que poidan seguir dando unha resposta real ás necesidades das mulleres que sufriron o delito", explicou. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas