GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A sociedade cubana Hijos del Distrito de Sarria festexa os seus 95 anos de vida

(07/03/2012)

A sociedade cubana Hijos del Distrito de Sarria festexa os seus 95 anos de vida

 
Mércores, 07.03.2012
 
 
  • Un momento do número artístico ‘Fantasía gallega’.
    Un momento do número artístico ‘Fantasía gallega’.
  • Mozas participantes nunha das actividades organizadas pola sociedade. (Foto: EP)
    Mozas participantes nunha das actividades organizadas pola sociedade. (Foto: EP)

A sociedade cubana Hijos del Distrito de Sarria celebrou cunha festa na Habana os seus 95 anos de vida, durante os cales realizou un importante labor social desde a emigración, contribuíndo á construción de varias escolas en Sarria e dun panteón social nos anos 30 na capitalidade da illa.

A festa de conmemoración tivo lugar no Centro Gallego de La Habana e contou cun gran número de asistentes, entre as e os que se atopaban membros da extinta sociedade Hijos del Partido de Corcubión, que pasan a integrarse na agrupación sarriá.

Segundo as crónicas da celebración, o 95 aniversario foi tamén o momento elixido para distinguir a aqueles socios e socias que durante este 2012 cumpren 50 anos como integrantes da sociedade.

A presidenta do colectivo, Emelina Aja, quen tomou posesión do seu cargo hai agora un ano, expresou o seu recoñecemento para o medio cento de emigrantes de Sarria, Samos, Láncara e Paradela que fundaron a agrupación en febreiro de 1917. Tamén destacou o traballo realizado na actualidade polo grupo de baile Amigos de Láncara, creado no ano 2006 e dirixido por Daeleé Pérez.

Emelina Aja tivo, ademais, un recordo para o expresidente da Xunta Manuel Fraga e para todos os galegos e as galegas que visitaron e apoiaron a sociedade ao longo da súa dilatada traxectoria.

Esta sociedade organiza cada ano unha festa de aniversario a finais de febreiro e, no mes de xullo, celebra o Encontro sarrián de verán, con bailes e outras actividades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas