GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O deputado coruñés González Ruano interésase pola axuda da UE a Arxentina, onde residen máis de 100.000 galegos

(07/03/2012)

O deputado coruñés González Ruano interésase pola axuda da UE a Arxentina, onde residen máis de 100.000 galegos 

Nunha reunión co comisario europeo de Desenvolvemento

E.E. 06 de marzo de 2012


O deputado pola Coruña e portavoz adxunto do Grupo Popular na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Juan de Deus Ruano, interesouse o pasado sábado 3 de marzo nunha sesión de traballo celebrada no Congreso dos Deputados polo novo marco de colaboración entre a Unión Europea e Arxentina.

No encontro participaron os integrantes da Comisión de Cooperación Internacional e o comisario europeo de Desenvolvemento, Andris Piebalgs -de visita en España-.

O deputado coruñés preguntou polos novos instrumentos de colaboración europea con Arxentina onde, como recordou Ruano, "residen máis de 100.000 galegos, e por iso Arxentina é especialmente recoñecida con agarimo en Galicia como a quinta provincia galega". Ruano mostrou a súa preocupación ante Piebalgs por que a axuda económica a Arxentina puidese verse minguada ante a relativa bonanza económica do país.

A este respecto, o parlamentario popular desvelou que o dirixente comunitario expuxo "un cambio de obxectivos nos programas europeos para Arxentina", que favorecerán os intercambios científicos e de estudantes entre Arxentina e a UE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas