GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O total de estranxeiros residentes en España sitúase en 5.251.094

(06/03/2012)

O total de estranxeiros residentes en España sitúase en 5.251.094

Deles, 2.554.618 pertencen ao Réxime Comunitario e 2.696.476 ao Réxime Xeral

O número de estranxeiros residentes en España ao finalizar o ano 2011 ascende a 5.251.094, segundo os últimos datos do Informe Trimestral "Estranxeiros residentes en España. Principais Resultados" elaborado polo Observatorio Permanente da Inmigración (OPI) da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración.

A estatística, que hoxe fai pública o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, reflicte un incremento total de 324.486 residentes estranxeiros, durante o ano pasado.

Do total de cidadáns estranxeiros, 2.554.618 pertencen ao Réxime Comunitario, o que representa un 48,6%. O incremento durante o ano 2011 foi dun 6,4%, é dicir, 152.986 estranxeiros máis neste réxime.

En relación co Réxime Xeral, os datos que achega o Observatorio Permanente da Inmigración son de 2.696.476 residentes estranxeiros, que supón o 51,4% do total. O incremento deste grupo en 2011 é do 6,8%, con 171.500 residentes máis.

Entre a poboación comunitaria e estranxeira residente no noso país, destacan, en número, os nacionais de Rumania, Marrocos e Ecuador que continúan sendo as nacionalidades máis representativas. Deste xeito, dous de cada cinco estranxeiros residentes en España son romaneses (900.000), marroquís (800.000) ou ecuatorianos (400.000), colectivos que conxuntamente alcanzan os 2.151.578 residentes, seguidos de nacionais de Colombia (274.171), Reino Unido (235.052) ou Italia 180.221).

OS MAIORES E MENORES, PRINCIPAIS DIFERENZAS NA ESTRUTURA POR IDADE

O trazo diferenciador entre o Réxime Comunitario e o Réxime Xeral atópase no número de nenos entre os 0 e 4 anos, que ascende en 2011 a 51.121 no primeiro grupo e a 185.801 no segundo.

Cabe destacar tamén que nos seguintes intervalos de idade, o Réxime Xeral continúa sendo o máis numeroso. Así, ascenden a 731.222 os estranxeiros menores de 16 anos, dos que o 68,4%, 499.794, pertencen ao Réxime Xeral.

O 82% dos estranxeiros residentes en España atópase entre os 16 e os 64 anos de idade. Dun total de 4.305.278 persoas, 2.160.113, un 50,2% corresponden a Réxime Xeral e 2.145.165, un 49,8% a Réxime Comunitario.

Para rematar, ao peche de 2011, residen en España 214.594 estranxeiros maiores de 65 anos, dos que un 83% pertencen ao Réxime Comunitario.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas