GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os extracomunitarios achegan máis nenos e mozos á poboación española

(02/03/2012)

Os extracomunitarios achegan máis nenos e mozos á poboación española

Xoves, 01 de Marzo de 2012

jovenesOs datos mostran novamente que os inmigrantes extracomunitarios son un colectivo que rexuvenece á poboación española. Segundo informe trimestral 'Estranxeiros residentes en España. Principais Resultados', elaborado polo Observatorio Permanente da Inmigración (OPI) da Secretaría Xeneral de Inmigración e Emigración, o trazo diferenciador entre o Réxime Comunitario e o Réxime Xeral encóntrase no número de nenos entre os 0 e 4 anos, que ascendeu en 2011 a 51.121 no primeiro grupo e a 185.801 no segundo.

Nos seguintes intervalos de idade, o Réxime Xeral continúa sendo o máis numeroso. Así, ascenden 731.222 os estranxeiros menores de 16 anos. Deles, o 68,4% (499.794) pertencen ao Réxime Xeral.

Ademais, o 82% dos estranxeiros residentes en España encóntrase entre os 16 e os 64 anos de idade, é dicir, en idade produtiva. Dun total de 4.305.278 persoas, 2.160.113, un 50,2% corresponden a Réxime Xeral e 2.145.165, un 49,8% a Réxime Comunitario.

Os maiores, en cambio, proveñen doutros países da Unión Europea. Ao peche de 2011, residían en España 214.594 estranxeiros maiores de 65 anos, dos que un 83% pertencen ao Réxime Comunitario. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas