GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo exterior galego bate marcas ao sumar 20.000 altas nun ano

(29/02/2012)

O censo exterior galego bate marcas ao sumar 20.000 altas nun ano

A lei da memoria histórica e o repunte da emigración provocaron un salto marca

En total son 388.856 os inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA), por 2.305.121 persoas rexistradas a efectos electorais na comunidade. A emigración non só mantén, senón que permite así que o censo electoral de Galicia siga aumentando a pesar da caída que o rexistro interior sofre desde hai tres anos.

A evolución do censo exterior aínda é máis evidente botando a vista cara atrás só dez anos. Nese tempo o CERA creceu en 108.512 integrantes, mentres que o de residentes en Galicia fíxoo en só 14.858 persoas, grazas aos repuntes de Pontevedra (25.806) e da Coruña (13.952), mentres as dúas provincias orientais sufriron análogos retrocesos nos seus censos internos (Lugo caeu 12.852 e Ourense, 12.048).

En total son 388.856 os inscritos no censo electoral de residentes ausentes

En cambio, o censo exterior creceu nas catro demarcacións desde o 2003, sendo o caso máis extremo o de Lugo, ao facelo nun 60,3 %, vinte e dous puntos por encima da media galega.

Ese efecto favorece que nestas dúas provincias haxa localidades nas que a emigración pesa máis que o censo interior. Cinco municipios xa teñen máis posibles votantes no estranxeiro que no seu propio territorio: Avión (reúne ao 54,11 % do seu censo no exterior); Bande (53,9); Gomesende (53,8); Arnoia (52), e Quintela (50,6).

Outros doce teñen a máis de catro de cada dez hipotéticos votantes residindo noutros países, e en total son 107 nos que polo menos un cuarto dos seus censos están en idéntica situación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas