GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica os seminarios a celebrar en 2012 en colaboración cos centros galegos na diáspora

(22/02/2012)

Emigración publica os seminarios a celebrar en 2012 en colaboración cos centros galegos na diáspora

 
 
Martes, 21.02.2012
  • Baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cociña galega, e seminarios de carácter artesanal, son as modalidades previstas na edición deste ano.

Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asina a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola que se convocan varios seminarios para o vixente ano en colaboración coas entidades galegas no exterior, dando así continuidade a unha práctica xa habitual deste departamento.

Nesta anualidade, as modalidades para as que se prevén convocatorias son seminarios de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cociña galega, e outros de carácter artesanal. Trátase de modalidades cun contrastado éxito e demanda en edicións anteriores desta mesma convocatoria, e que pretenden responder ás peticións expresadas polos propios centros e alumnos destinatarios da iniciativa.

O prazo de presentación das solicitudes por parte das entidades galegas na diáspora é dun mes contado a partir do día seguinte á publicación, é dicir, remataría o vindeiro 21 de marzo. Canto ao orzamento, está prevista unha partida específica nas contas da Secretaría para este ano por un valor total de noventa mil euros, ampliable segundo demanda e dispoñibilidade orzamentaria.

Na convocatoria do DOG, ademais de especificarse estes extremos, apúntanse as contías que deben percibir as e os docentes, tanto polas súas ensinanzas, como por desprazamentos e dietas de quilometraxe. Tamén se axuntan na propia convocatoria os modelos de solicitude para seren asinados e remitidos polos centros peticionarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas