GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Nais inmigrantes, por que teñen bebés máis saudables ao nacer?

(17/02/2012)

Nais inmigrantes, por que teñen bebés máis saudables ao nacer?

Venres, 17 de Febreiro de 2012

lactanciaUn estudo realizado na comunidade autónoma de Aragón revelou recentemente que os bebés nacidos de nais inmigrantes presentan características máis saudables, como un peso medio duns 200 gramos superior e unha probabilidade 2,5 veces menor de nacer con baixo peso para a súa idade gestacional (3,8% fronte ao 9,2% dos bebés de nais españolas). Pero, que factores inflúen nestas condicións dos recentemente nados?.

De acordo aos resultados da investigación científica Calina (Crecemento e Alimentación durante a Lactación e a primeira Infancia en Nenos Aragoneses), que coordina a Universidade de Zaragoza, as mulleres estranxeiras deciden ser nais case catro anos antes que as españolas, cunha media de 29 anos fronte aos 32,8 anos de media nas nadas en España.

Así mesmo, o mantemento da lactación materna ata os seis meses é maior entre as nais procedentes doutros países, especialmente de África ou de Latinoamérica. A iso súmase a incidencia doutros hábitos saudables, como que as mulleres inmigrantes fuman con menor frecuencia durante o embarazo (10,4% fronte ao 21,6%) e teñen un maior número de fillos (1,8 fronte a 1,5 das españolas).

A investigación conclúe que é probable que debido a estes diferentes factores, os fillos de nais inmigrantes presentan un mellor estado de saúde perinatal. O estudo analizou os patróns de crecemento e nutricionais de 1.600 bebés nacidos no 2009 na comunidade autónoma aragonesa e sinala que o 25% dos nados en Aragón ten unha nai inmigrante. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas