GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis latinoamericanos teñen ordenador e acceso á Rede na casa

(13/02/2012)

Máis latinoamericanos teñen ordenador e acceso á Rede na casa

Venres, 10 de Febreiro de 2012 

ordenadorO 79% dos inmigrantes latinoamericanos residentes en España ten un computador nos seus fogares, un 11% máis que o dato rexistrado en 2010. Ademais, case o 70% dispón de teléfono fixo fronte ao 59% do ano pasado, mentres que o 58% ten conexión a Internet nas súas casas, un 10% máis que fai un ano.

Segundo o estudo de "Os Hábitos de Consumo de Telecomunicacións do Colectivo Latinoamericano en España", da consultora Nielsen e a compañía de telecomunicacións Orbitel, os brasileiros xunto cos colombianos son os latinos que encabezan a listaxe de equipamento no fogar (ordenador, teléfono fixo e Internet), seguidos dos ecuatorianos e os peruanos e, para rematar, os bolivianos.

Santiago Londoño, director xeral de Orbitel, explica que estes datos son acordes coas tendencias tecnolóxicas en España e mostran que a comunidade inmigrante está á vangarda en tecnoloxías da información para contar cun medio de comunicación máis inmediato cos seus seres queridos en calquera lugar do mundo e en calquera momento.

O estudo baséase en 500 entrevistas a inmigrantes de Ecuador, Colombia, Bolivia, Perú e Brasil para coñecer os servizos de telecomunicacións que contratan, o seu uso e o interese de contratación de novos servizos de telecomunicacións, entre outros. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas